actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Virginia Clara Jones, nada en St. Louis (Missouri) o 30 de novembro de 1920 e finada nos Ánxeles o 17 de xaneiro de 2005, foi unha actriz e bailarina estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Virginia Clara Jones 30 de novembro de 1920 St. Louis, Estados Unidos de América |
Morte | 17 de xaneiro de 2005 (84 anos) Thousand Oaks, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Valley Oaks Memorial Park (en) |
Educación | Soldan International Studies High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de televisión, actriz de teatro |
Período de actividade | 1939 - |
Empregador | Warner Bros. |
Partido político | Partido Republicano |
Familia | |
Cónxuxe | Michael O'Shea (–1973) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | virginiamayo.com |
|
Virginia Mayo naceu en Missouri. Filla de Luke, xornalista, e a súa esposa, Martha Henrietta (de solteira Rautenstrauch) Jones. A súa familia tiña raíces nos primeiros anos da cidade de St. Louis, incluído o seu antepasado o capitán James Piggott, que fundou East St. Louis, Illinois, en 1797.[1] De pequena, Mayo xa demostrou interese polo mundo do espectáculo. A súa tía rexentaba unha escola de danza e Mayo comezou a tomar clases aos seis anos. Unha vez que rematou a escola en 1937 converteuse en intérprete da Ópera de St. Louis.
Nunha actuación que realizou en Broadway viuna un axente da Metro Goldwyn Mayer e Samuel Goldwyn asinou un contrato con ela. Non obstante, cando un dos directores do estudio realizou probas de filmación, manifestou que Mayo non era unha actriz axeitada para o cinema. Goldwyn si creu nela, sobre todo nos seus dotes de interpretación, e deulle un pequeno papel en Jack London (1943, Alfred Santell).[2] O mesmo ano participou noutro filme, e os produtores déronse de conta do seu atractivo físico, que xustificaba papeis máis importantes. Así, en 1944 xa tivo un papel protagonista, en The Princess and the Pirate (David Butler), comedia musical en que compartía cartel con Bob Hope.[3]
Nos anos seguintes, Mayo interveu en filmes con compañeiros de elenco como Danny Kaye,[4] Dana Andrews, James Cagney, Burt Lancaster ou Gregory Peck, e a súa popularidade foi crecendo con cada filme en que interveu (Os mellores anos da nosa vida, The Secret Life of Walter Mitty, White Heat, O falcón e a frecha).[5]
Trabalou intensamente ata finais da década de 1950, época a partir da que fixo menos filmes, oito en vinte anos. Afeita a aparecer atractiva na pantalla, Mayo quixo escoller ben os papeis en que interviña cando acadou unha determinada idade.
Faleceu aos 84 anos tras unha longa pneumonía que acabou nun paro cardíaco, nunha residencia dos Ánxeles.[6] Está enterrada xunto co seu marido en Pierce Brothers Valley Oaks Park en Westlake Village, California.[7]
Mayo casou co actor Michael O'Shea en 1947, e permaneceron casados ata a morte del en 1973. A parella tivo unha filla, Mary Catherine O'Shea (nada en 1953).[6]
Nos últimos anos desenvolveu unha paixón pola pintura e tamén ocupou o seu tempo cos seus tres netos.[8] Converteuse ao catolicismo inspirada polo arcebispo Fulton J. Sheen.[9] Era republicana e apoiou a Richard Nixon en 1968 e 1972, e o seu amigo Ronald Reagan en 1980.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.