Vilatuxe, Lalín
parroquia civil do concello de Lalín From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Lalín From Wikipedia, the free encyclopedia
San Lourenzo de Vilatuxe é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 628 habitantes (330 mulleres e 298 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 796 habitantes.
Vilatuxe | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo de Vilatuxe. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°36′20″N 8°11′25″O |
Área | 18 km² |
Poboación | 601 hab. (2011) |
Densidade | 33,39 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conta cun colexio, o CEIP Vicente Arias de la Maza e un auditorio, no cal teñen lugar os ensaios da Banda de música de Vilatuxe.
Vilatuxe estaba na ruta do camiño dos arrieiros que se dirixían a Santiago procedentes do Ribeiro, por iso a súa economía estaba baseada nos mercados, nas pousadas e na fabricación queixos e manteigas.
Houbo unha importante feira, a feira dos Carballiños, que desapareceu nos anos corenta. En 2010 retomouse esta feira celebrándose anualmente o segundo domingo de maio, recuperáronse antigas tradicións e hai mercado de artesáns e feira ao xeito tradicional.
O castro de Vilatuxe está conformado por un único recinto de forma ovalada. O seu eixo maior ten unha disposición NL-SO e mide 125 m, no seu perímetro interior e 160 m no exterior. No seu eixo menor mide 100 m no interior e 130 no exterior. O sistema defensivo está conformado por un parapeto duns 3 m ou 4 m de ancho que bordea todo o perímetro e que ten unha caída bastante pronunciada cara ao interior do recinto duns 3 m. O parapeto parece feito de terra; con todo, nalgún punto que puido ser inspeccionado pola ausencia de vexetación, parece presentar pedra tamén, e incluso non se pode descartar a existencia dunha estrutura muraria asociada a el, tendo en conta a disposición dalgunhas desas pedras.[2]
A igrexa, construída a finais do século XIX, ten unha torre barroca. Na arquitectura local destacan un raro exemplar de hórreo de esquina e as casas grandes de Outeiro e Pita, que conservan elementos do seu pasado fidalgo.
Lugares da parroquia de Vilatuxe no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Afonsín | A Balagosa | Barciela | Bustelos | Os Carballiños | Castro de Arriba | Gondoriz Grande | Gondoriz Pequeno | Lodeirón | Moa | O Outeiro | Piñoi | A Saborida | San Lourenzo | A Torre | A Varela | Vilatuxe |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.