numismático, historiador e bibliotecario belga From Wikipedia, the free encyclopedia
Victor Raphaël François Joseph Tourneur, nado o 27 de xuño de 1878 en Verviers, Liexa, e finado o 25 de febreiro de 1967 en Boitsfort, Bruxelas-Capital, foi un numismático, historiador, bibliógrafo, bibliotecario e etnólogo belga especializado na cultura celta.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1878 Verviers, Bélxica (pt) |
Morte | 25 de febreiro de 1967 (88 anos) Boitsfort. Bruxelas-Capital. Bélxica. |
Q105870704 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Belga. |
Educación | Universidade de Liexa. |
Q89547790 | Estudos celtas e numismática belga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, bibliotecario, historiador, antropólogo |
Influencias | Godefroid Kurth. |
Familia | |
Cónxuxe | Mariette Nicodème Tourneur (1926). |
Premios | |
- (1937): Medalla da (RNS). - (1935): Jeton de Vermeil (SNF). | |
Victor Tourneur comezou a educación secundaria no Athénée royal de Verviers en 1885, onde tivo como profesor o seu propio pai e outros eruditos como Jules Feller. Alí graduouse en 1896.[4]
Posteriormente estudou na Universidade de Liexa entre 1896 e 1900, con profesores como Godefroid Kurth, e nela acadou o doutoramento en Filoloxía Clásica.[5] A partir de 1901 afondou nos coñecementos de filoloxía céltica en centros de ensino superior de Alemaña e de Francia.[4][6]
En 1903 ingresou na Bibliothèque royale, en Bruxelas, onde desenvolveu diversos labores, entre eles o de conservador adxunto do Gabinete Numismático da Biblioteca Real de Bélxica, en 1911, ata acceder ao posto de conservador en 1919.[4][5][7] Entre 1929 e 1943 exerceu como conservador xefe da Biblioteca Real de Bélxica.[8][9]
Paralelamente ao seu traballo no Gabinete, en 1920 comezou a impartir cursos de Numismática no Instituto de Altos Estudos de Bélxica, en Bruxelas, o cal, logo da primeira guerra mundial foi incorporado á Universidade Libre de Bruxelas.[5] A partir de 1931 accedeu á praza de catedrático de Numismática e Historia da Moeda nesa universidade, na que foi sucedido en 1948 por Philip Grierson.[8][9][10]
En 1938 impartiu tamén un curso no Gollège de France, cuxos contidos foron publicados en 1940 nunha separata da Revue belgue de numismatique.[7][8][9][11]
En 1908 entrou a formar parte da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, da que se converteu en secretario en 1912 e finalmente en presidente, entre os anos 1925 e 1949.[5] No período 1919-1955 foi ademais editor e codirecrtor da súa publicación periódica, Revue belgue de numismatique et de sigillografie.[8][9]
Tourneur foi elixido membro da Academia Real de Ciencias, Letras e Belas Artes en 1944, da que xa era membro correspondente desde 1939, e en 1948 foi nomeado secretario perpetuo.[3][8][12]
Entre 1933 e 1952 foi presidente da Comisión Internacional de Numismática.[8]
No ámbito familiar, Victor Tourneur casou en 1926 con Mariette Nicomède Tourneur, sixilógrafa vinculada ao Arquivo Real de Bélxica, coa que colaborou no seu labor docente. Tiveron unha filla, chamada Marie.[5][13]
Tourneur foi un autor prolífico. Os seus estudos e as súas publicacións acerca das orixes e da civilización dos pobos celtas producíronse unicamente na primeira década do século XX, en tanto que os relativos a asuntos numismáticos, moito máis abundantes, estendéronse ao longo de toda a súa carreira. En total, a súa produción bibliopgráfica supera as 200 referencias, entre monografías, artigos breves e outros máis en profundidade.[13][16][17][18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.