From Wikipedia, the free encyclopedia
O Viño da Terra de Betanzos é unha Indicación Xeográfica Protexida galega empregada para designar os viños de mesa orixinarios da zona vitícola de Betanzos. Comprende os concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, e algunhas parroquias dos de Abegondo[1], Oza-Cesuras[2] e Sada[3].[4][5]
Esta indicación xeográfica foi regulamentada en 2000[6], constituíndo unha entidade para a comarca vitivinícola recoñecida e que está máis ao norte da comunidade galega.[5] Esta indicación pretende recuperar o prestixio do viño dunha zona historicamente vitivinícola desde o medievo.[7]
Betanzos foi terra de alta produción de viño desde o medievo, cando menos desde o século XVI. Nese século están documentadas ordenanzas de regulación da produción e os tempos de vendima.[8] Algúns textos recollen como se traballaban as viñas en Betanzos, ou Bergondo, e se contrataban xornaleiros para iso, e mesmo como se exportaba a América.[8] Xa entón era unha das principais mercadorías no porto da cidade[9].
O seu cultivo estivo a piques de desaparecer por varias pragas no século XIX. A tradición na produción e comercialización de viño en Betanzos continuou como viño de mesa en empresas como Coes que tivo aceptación comercial ata xurdir o viño con denominacións de orixe e comercializado con marcas. Actualmente o viño de Betanzos é un viño lixeiro, froiteiro e de pouca gradación. Prodúcese en variedade branca e tinta. A tradición é tomalo nos loureiros, son adegas de particulares sinaladas cunha rama de loureiro na porta. O consumo e venda deste viño está concentrada na zona e non é doado atopalo á venda xa que está centrada a produción no autoconsumo.
Nesta indicación prodúcense viños brancos, tintos e monovarietais.[5] As variedades de uva que levan este viño, en cando menos un 60% son[4][5]:
En 2017 a extensión das viñas desta variedade ocupaban unhas 9.75 ha. nas que se 6 viticultores producíron 16 toneladas de uvas e 5 mil litros de viño.[10][11] Algunhas das adegas que producen, ou que o produciron deste viño, son as Adegas Beade, Adegas Lorenzo Bescansa, Bodegas Eladio, Bodegas Rilo, Codeseira, Ladeiras de Paderne, Ribeiras de Armea ou Viña Ártabra.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.