![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Flag_of_Venice.svg/langgl-640px-Flag_of_Venice.svg.png&w=640&q=50)
Venecia
cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto / From Wikipedia, the free encyclopedia
Venecia[1][2] (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da Península Itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Venezia (it) Venesia (vec) ![]() | |||||
Alcume | Bride of the Sea ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Vénetos, Galia ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Véneto | ||||
Cidades metropolitanas | cidade metropolitana de Veneza (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 250.369 (2023) ![]() | ||||
Lingua usada | Venice city dialect (en) ![]() Q3706579 ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 415,9 km² ![]() | ||||
Bañado por | Lagoa de Venecia e mar Adriático ![]() | ||||
Altitude | 2 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Campagna Lupia (pt) ![]() Scorzè (pt) ![]() Quarto d'Altino (pt) ![]() Chioggia (pt) ![]() Jesolo Mogliano Veneto (pt) ![]() Musile di Piave (pt) ![]() Martellago (pt) ![]() Mira Cavallino-Treporti (pt) ![]() Marcon (pt) ![]() Spinea (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 25 de marzo de 421 ![]() | ||||
Evento clave | |||||
Santo padrón | Marcos o Evanxelista ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Luigi Brugnaro (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Venice City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30121–30176 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 041 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | IT-VE ![]() | ||||
Identificador ISTAT | 027042 ![]() | ||||
Código catastral italiano | L736 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | comune.venezia.it ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión nos tempos de Roma.[3] Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan a Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.
A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia ao longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do río Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven noutras illas da lagoa.
A República de Venecia foi unha importante potencia marítima durante a Idade Media e o Renacemento, e un dos escenarios das Cruzadas e da Batalla de Lepanto, así como un importante centro de comercio (en especial seda, cereais e especias) e arte entre o século XIII e final do XVII. Todo isto fixo de Venecia unha cidade moi rica ao longo de case toda a súa historia. Venecia tamén tivo un papel importante na historia da música sinfónica e da ópera, sendo o lugar de nacemento de Antonio Vivaldi. Tamén en Venecia naceron numerosos papas, alén de numerosos artistas como Antonio Vivarini, Antonio da Ponte, Tintoretto ou Canaletto.