![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/db/Esfahan_Logo.jpg/640px-Esfahan_Logo.jpg&w=640&q=50)
Isfahán
cidade de Irán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Isfahán é unha cidade de Irán, capital da provincia homónima do centro occidental do país. Situada na meseta irania ao pé dos montes Zagros nun oasis irrigado polo río Zayandeh, é na actualidade un importante núcleo industrial, comercial, educativo e cultural que conta con 1 755 382 habitantes (2012) e unha área metropolitana de arredor de tres millóns.
اصفهان (fa) ![]() | |||||
Alcume | Manchester of Persia e نصف جهان ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Irán | ||||
Provincias | Provincia de Esfahan | ||||
Condado (pt) ![]() | Isfahan County (en) ![]() | ||||
District of Iran (en) ![]() | Central District (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | Provincia de Esfahan Isfahan County (en) ![]() Ziyarid dynasty (en) ![]() Kakuyids (en) ![]() Império Safávida (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.961.260 (2016) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua persa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 493,82 km² ![]() | ||||
Bañado por | Rio Zayandeh (pt) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 1.574 m ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Ali Qasemzadeh (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Islamic City Council of Isfahan (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 811 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 031 e 0913 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | isfahan.ir ![]() | ||||
![]() |
De antigo poboamento (a mítica Aspadana citada por Tolomeo) semella unha fundación aqueménida coma residencia real de lecer que en tempos dos gregos seleúcidas se chamou Gabai, e foi unha sede militar fortificada na época sasánida (séculos III-VII) co nome de Jay. Un asentamento xudeu achegado, Yahoudiyeh na beira norte do Zayandeh, foi o verdadeiro xermolo da Isfahán musulmá, cando foi capital dos turcos selxúcidas (século XI) e dos persas safávidas (século XVII), acadando o cénit coma unha das maiores e máis cosmopolitas urbes do mundo, foco cultural e relixioso, creación do Sah Abbas I cun excepcional plan urbano de gran praza (Meidán), bazar, mesquitas, pazos, xardíns, grande avenida-bulevar, e pontes sobor do río.