Kuala Lumpur
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Kuala Lumpur é a capital de Malaisia. É unha metrópole de 4 millóns de habitantes (área urbana). O seu nome significa "confluente lamoso" en malaio, pois a cidade está sita na confluencia de dous cursos de auga. O máis importante é o río Klang, que desauga 45 km ao oeste no estreito de Malaca; o outro é o Gombak.
Lema | «Progress and Prosper» «Maju dan Makmur» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Malaisia | ||||
Enclave en | Selangor | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.982.100 (2020) (8.135,03 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua cristã (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 243,65 km² | ||||
Bañado por | Gombak River (en) e Río Klang | ||||
Altitude | 66 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1857 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Kamarulzaman Mat Salleh (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 50000–59999 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 03 | ||||
ISO 3166-2 | MY-14 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | dbkl.gov.my | ||||
Arrebatada á selva, Kuala Lumpur debe o seu nacemento e a súa fortuna aos fabulosos xacementos de estaño descubertos no século XIX. O lugar, durante moito tempo, non foi outra cousa senón un campamento de cabanas de bambú infestado pola malaria. Mais creceu mercé ao comercio de estaño, até tornarse, en 1896, na capital dos Estados malaios federados. A primeira impresión do viaxeiro que atravesa hoxe Kuala Lumpur, é a dunha cidade verde, tranquila e ordenada que, a pesar dos seus case 2 millóns de habitantes, garda unha proporción humana.
A cidade está administrada por un consello municipal non electo, nomeado polo goberno. Porén depende con todo da solidez da asemblea do momento.
Elevada ao rango de cidade (bandar en malaio) aínda no 1897, Kuala Lumpur coñeceu desde entón un crecemento desenfreado. Foi afastada do Estado de Selangor no 1971 para convertela nun territorio federal. A nova cidade de Shah Alam substituíuna como capital do Estado.
Situada no oeste de Malaisia, a 45 km do mar, a cidade cobre unha área metropolitana moi extensa, que desborda largamente os límites do distrito federal e engloba unha boa parte do Estado de Selangor. Tal área é chamada o val do Klang. A extensión infinda dos suburbios é compatíbel cunha rede moi densa de autoestradas e de tres liñas de metro lixeiro.
A urbanización adénsase cara ao oeste, até Klang, que serve ao conxunto do país a través do seu porto.
O clima de Kuala Lumpur é ecuatorial: a temperatura media de cada mes rolda os 26º. Chove ao longo de todo o ano, aínda que algo máis en primavera e outono; as precipitacións medias anuais son de 2.419 mm.
Os lugares máis visitados da cidade son:
Kuala Lumpur está ligada a Singapur, no sur, e a Penang, no norte, por unha autoestrada que continúa cara a Hat Yai na Tailandia. Unha autoestrada leste-oeste únea coa cidade de Kuantan e os estados de Terengganu e de Pahang.
Numerosas vías férreas percorren a aglomeración, aínda que o eixo maior se axusta á península malaia.
As comunicacións aéreas sérvense de tres aeroportos : Subang (voos de frete), o aeroporto internacional de Sepang (aeroporto internacional de Kuala Lumpur), e máis a terminal para baixo custo (Low Cost Carrier Terminal ).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kuala Lumpur |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.