Mar Adriático
parte do mar Mediterráneo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar Adriático é unha parte do mar Mediterráneo, un golfo moi alongado pechado ao norte. Baña ao norte e ao oeste as costas de Italia e o leste as da península balcánica. Ten unha superficie de 160.000 km², cunha profundidade máxima de 1.460 m e unha profundidade media de 240 m.
Datos rápidos Localización administrativa, Estado ...
Mar Adriático | |
---|---|
Mare Adriatico - Deti Adriatik - Jadransko morje - Jadransko more | |
Localización administrativa | |
Estado | Italia Eslovenia Croacia Bosnia e Hercegovina Montenegro Albania |
División | Rexións de Puglia, Molise, os Abruzos, As Marcas, Emilia-Romaña, Véneto e Friúl-Venecia Xulia (ITA) Istria Eslovena (ESL) Condados de Istria, Primorje-Gorski Kotar, Lika-Senj, Zadar, Šibenik-Knin, Split-Dalmacia e Dubrovnik-Neretva (CRO) Cantóns de Una-Sana, Cantón 10, Hercegovina Occidental e Hercegovina-Neretva (BOS) Condados de Shkodër, Lezhë, Durrës, Tirana, Fierr e Vlorë (ALB) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Mediterráneo |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar Xónico |
Afluentes | Po (652 km), Adige (410 km), Piave (220 km), Reno (211 km), Brenta (174 km), Tagliamento (170 km) e Ofanto (170 km) (ITA) |
Cidades ribeiregas | Otranto, Brindisi, Bari, Ortona, Pescara, Ancona, Pésaro, Rimini, Rávena, Venecia e Trieste (ITA) Pula, Rijeka, Zadar, Šibenik, Split e Dubrovnik (CRO) Durrës (ALB) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfos de Venecia e Manfredonia (ITA) Golfo de Piran (CRO) |
Estreitos | Estreito de Otranto e estreitos de Corfú (mar Xónico) |
Características | |
Superficie | 160.000 km² |
Lonxitude máxima | 800 km |
Anchura máxima | 200 km |
Profundidade media | 44 m |
Mapa | |
Localización do mar Adriático no sur de Europa | |
Mar Adriático, coa Italia á esquerda e a costa balcanica á dereita. Imaxe NASA | |
Pechar
Os estados bañados polo mar Adriático son Italia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Albania e Grecia. O mar Adriático posúe diversos portos importantes, salientando Venecia (Mestre) e Trieste, que foi por moito tempo a saída marítima do Imperio Austrohúngaro para o mar Mediterráneo.