Vendas Novas
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Vendas Novas é unha cidade portuguesa do distrito de Évora, rexión do Alentexo e subrexión do Alentexo Central, con preto de 9.700 habitantes.[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Évora | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 11.846 (2011) (52,65 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 225 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 7080 | |||
Fuso horario | ||||
Páxina web | cm-vendasnovas.pt |
É sede dun concello con 222,39 km² de área [2] e 11.846 habitantes no 2011,[3][4] subdividido en dúas freguesías. O concello limita ao leste co concello de Montemor-o-Novo, ao sur con Alcácer do Sal, ao oeste con Palmela e ao noroeste coa parte oriental do Montijo. O concello foi creado no ano 1962. Anteriormente era só unha freguesía de Montemor-o-Novo.
A orixe de Vendas Novas remonta á creación de Posta Sul, por orde de João III. Foi entón aberto un camiño de Aldeia Galega (Montijo) a Montemor Vendas Novas para reducir a distancia e o tempo das viaxes. Foi nese camiño onde o rei mandou construír unha pousada, no lugar onde se atopa hoxe Vendas Novas. Algúns anos máis tarde, por orde de Teodósio, construíuse unha nova pousada nas Vendas Novas. O nome do pobo ten, probabelmente, orixe nas construcións (pousadas ou vendas) que, por seren de recente construción, eran novas, denominadas polos viaxantes como "as vendas novas". A poboación máis antiga do concello é, no entanto, a Landeira, hoxe freguesía do concello, no que existen referencias da súa existencia nos inicios do século XII.
Vendas Novas foi freguesía do concello de Montemor-o-Novo ata o 7 de setembro de 1962, data en que pasou a ser concello, após un proceso reivindicativo iniciado no final do século XIX.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
O concello divídese en dúas freguesías:
O presidente da Cámara Municipal de Vendas Novas é, desde outubro de 2013, Luís Dias, elixido polo PS. A Xunta de Freguesía de Vendas Novas está presidida por Paula Valentim (PS) e a Xunta de Freguesía de Landeira por Vítor Serrano (PS).
Órgano | PS | PCP-PEV | PSD | |
Cámara Municipal | 3 | 3 | 1 | |
Asemblea Municipal | 12 | 9 | 2 | |
dos cales: elixidos directamente | 10 | 9 | 2 |
Ano | CDU APU de 1979 a 1985 FEPU en 1976 |
PS | PSD | CDS-PP | AD | |
2013 | 39,07% | 43,28% | 11,64% | |||
2009 | 52,2% | 30,23% | 14,49% | |||
2005 | 46,01% | 32,5% | 17,76% | |||
2001 | 53,95% | 20,56% | 21,13% | |||
1997 | 52,72% | 28,59% | 13,11% | 1,72% | ||
1993 | 52,34% | 25,68% | 15,58% | 2,96% | ||
1989 | 55,16% | 17,51% | 23,89% | |||
1985 | 54,75% | 41,89% | ||||
1982 | 51,61% | 16,68% | 29,49% | |||
1979 | 53,84% | 14,84% | 29,60% | |||
1976 | 48,12% | 37,18% | 10,51 |
O concello de Vendas Novas está servido por unha estación de trens que permite cinco enlaces directos a Lisboa e a Évora. A Estación de Vendas Novas está integrada na Liña do Alentexo. Aflúe tamén á estación a Liña de Vendas Novas, na actualidade utilizada para servizo de mercadorías. Canto a transportes por estrada, a cidade está servida pola Rede Expressos, Estradas do Alentejo e TST. Vendas Novas posúe ligazóns diarias a Évora, Setúbal, Lisboa, Montemor-o-Novo e varias freguesías da zona.
O nó da Marateca sitúase nas proximidades da aldea de Landeira, o que confire a Vendas Novas unha posición xeográfica vantaxosa. Ao leste da cidade atópase o acceso á A6, A2 e A13. Grazas a isto, en coche chégase a Lisboa, Évora e Setúbal en preto de 45 minutos.
O prato máis afamado de Vendas Novas son as bifanas, que atraen millares de visitantes á cidade, principalmente á zona de Boavista. As bifanas de Vendas Novas son comercializadas en varios centros comerciais do país incluíndo Almada Fórum, Colombo ou Barreiro Retail Park.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.