![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/14/Flag_of_Warsaw.svg/langgl-640px-Flag_of_Warsaw.svg.png&w=640&q=50)
Varsovia
capital e cidade máis poboada de Polonia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Varsovia[1][2] (en polaco: Warszawa, [varˈʂava] (AFI), escoitar; en alemán: Warschau) é a capital e cidade máis poboada de Polonia. A cidade atópase na chaira do río Vístula no corazón da rexión de Mazowsze (da que tamén é capital), aproximadamente a medio camiño tanto da costa do mar Báltico coma dos Montes Cárpatos.
A súa poboación no ano 2017 era de 1 753 977 persoas, cunha área metropolitana de preto de 3,1 millóns de persoas.[3] A área total da cidade abrangue 519,9 km2, e a aglomeración 6.100,43 km2 (Área metropolitana de Varsovia, Obszar Metropolitalny Warszawy). Varsovia é a oitava maior cidade da Unión Europea.
Warszawa (pl) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Voivodato de Mazovia ![]() | ||||
Capital de | Polonia (1596–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.860.281 (2021) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua polaca ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 517,24 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Vístula ![]() | ||||
Altitude | 103 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Condado de Varsóvia Ocidental (pt) ![]() Condado de Mińsk (pt) ![]() Condado de Wołomin (pt) ![]() Condado de Otwock (pt) ![]() Condado de Pruszków (pt) ![]() Condado de Piaseczno (pt) ![]() Condado de Legionowo (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | século XIII ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Rafał Trzaskowski (2018–) ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 00-000 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 22 ![]() | ||||
Código NUTS | PL127 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | um.warszawa.pl ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
A cidade ten numerosas industrias, entre elas de manufacturados, enxeñaría eléctrica e automóbil, é sede de 66 institucións de ensino superior, incluíndo a Universidade de Varsovia e a Universidade Tecnolóxica de Varsovia, a Escola Superior de Negocios, e unha Academia Médica. En Varsovia hai máis de 30 teatros, entre eles o Teatro e Ópera Nacionais e a Orquestra Filharmónica Nacional.
O nome da cidade deu lugar ao Pacto de Varsovia, á Convención de Varsovia, ao Tratado de Varsovia e ao chamado Levantamento de Varsovia.