Usuario:MAGHOI/Lista de cadros de Goya
From Wikipedia, the free encyclopedia
A carreira artística de Francisco de Goya comezou, aproximadamente, en 1762, ano no que pintou un relicario para a igrexa parroquial de Fuendetodos, e rematou en 1827, data da derradeira obra (La lechera de Burdeos). Durante este máis de medio século como artista produciu unhas setecentas pinturas, douscentos oitenta augafortes e uns mil debuxos.
Como pintor, evolucionou dende o rococó, que aparece nos seus frescos e cartóns para facer tapices, até se converter en autor dunha obra moi persoal como nas Pinturas Negras, pasando por ser un pintor da corte tanto de Carlos IV coma de Fernando VII.
A temática é moi ampla: retratos, escenas de xénero (caza, escenas galantes e populares, representación de costumes e vicios da sociedade, violencia, bruxas e diaños...), e tamén pintura histórica, relixiosa e bodegóns.[1]
É especialmente importante, tanto polo número de obras coma pola súa calidade, a obra conservada no Museo do Prado de Madrid. Porén, tamén aparece nas coleccións de múltiples museos do mundo, especialmente mediante retratos realizados por el: a National Gallery de Londres, o Museo Metropolitano da Arte de Nova York, a Galería dos Uffizi, a Alte Pinakothek de Múnic etc.