Uridín monofosfato
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O uridín monofosfato, tamén chamado monofosfato de uridina ou ácido 5'-uridílico, abreviadamente UMP, é un nucleótido que forma parte do ARN. Está formado polo nucleósido uridina esterificado en posición 5' cun fosfato. Os seus compoñentes son o azucre ribosa unido por enlace N-glicosídico á base nitroxenada uracilo, que se establece entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado cun fosfato en posición 5' do azucre. A forma desprotonada da molécula é o uridilato, que é a forma predominante en disolución acuosa. Como substituínte recibe o nome de uridilo e desígnase co prefixo uridil-.
Uridín monofosfato | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 58-97-9 |
PubChem | 6030 |
ChemSpider | 5808 |
MeSH | Uridine+monophosphate |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H13N2O9P |
Masa molecular | 324,181 |
Punto de fusión | 202 °C (dec.) [1] |
Solubilidade en auga | boa, tamén en metanol [1] |
Acidez (pKa) | 1,0, 6,4, 9,5 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A súa función principal é ser un dos nucleótidos compoñentes do ARN, xunto con AMP, CMP e GMP. O UMP é característico e distintivo do ARN, porque no ADN este nucleótido é substituído por dTMP.