Guanosín monofosfato
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O guanosín monofosfato, tamén chamado monofosfato de guanosina, ácido guanílico ou ácido 5'-guanílico, abreviado como GMP, é un nucleótido que forma parte do ARN. É un éster en posición 5' do ácido fosfórico co nucleósido guanosina. O GMP consta do azucre ribosa unido por enlace N-glicosídico á base nitroxenada guanina e un fosfato.
Guanosín monofosfato | |
---|---|
[(2R,3S,4R,5R)-5-(2-Amino-6-oxo-3H-purin-9-il)-3,4-dihidroxioxolan-2-il]metil dihidróxeno fosfato | |
Outros nomes Ácido 5'-guanidílico, | |
Identificadores | |
Abreviaturas | GMP |
Número CAS | 85-32-5 |
PubChem | 6804 |
MeSH | Guanosine+monophosphate |
ChEMBL | CHEMBL604603 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C10H14N5O8P |
Masa molecular | 363,22 g/mol |
Acidez (pKa) | 0,7, 2,4, 6,1, 9,4 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Como grupo substituínte desígnase co prefixo guanilil-. Os seus sales chámanse guanilatos
A súa función biolóxica principal é ser un dos catro nucleótidos que forman parte do ARN, xunto co CMP, UMP e AMP.
En modelos experimentais úsase o análogo da glutamina DON como inhibidor da síntese de GMP.[1]