Citidín monofosfato
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O citidín monofosfato, tamén chamado monofosfato de citidina ou ácido 5'-citidílico, abreviado como CMP, é un nucleótido que forma parte do ARN.[1] É un éster fosfórico do nucleósido citidina. Está formado por un azucre ribosa, que leva unida a base nitroxenada citosina enlazada por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1' da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' da ribosa. Cando está desprotonada denomínase citidilato e como substituínte desígnase co prefixo citidil-.
Citidín monofosfato | |
---|---|
Outros nomes ácido 5'-citidílico | |
Identificadores | |
Número CAS | 63-37-6 |
PubChem | 6131 |
ChemSpider | 5901 |
ChEBI | CHEBI:17361 |
ChEMBL | CHEMBL307679 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H14N3O8P |
Masa molecular | 323,20 g/mol |
Acidez (pKa) | 0,8, 4,5, 6,3 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |