universidade catalá From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Xirona (en catalán e oficialmente: Universitat de Girona), coñecida co acrónimo UdG, é unha universidade pública da cidade de Xirona, en Cataluña.
Universitat de Girona | |
---|---|
Detrás da muralla, a Facultade de Letras | |
Datos xerais | |
Localización | Xirona |
Datos actuais | |
Reitor | Ana Maria Geli de Ciurana |
Datos de contacto | |
Páxina web | http://www.udg.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Orixinouse no que se chama Estudi General e fundouse en 1446, grazas a que Afonso IV de Aragón concedeu a otorgación de títulos de Gramática, Retórica, Filosofía, Teoloxía, Dereito e Medicina. Con todo, esta foi clausurada e trasladada a Cervera o ano 1717 por orde expresa de Filipe V, no cuarto decreto ditado o 9 de outubro de 1715, no que se pecharon as universidades catalás, que apoiaron ao arquiduque Carlos, trasladándose a Cervera que se mantivo fiel a Filipe V.[1]
O ano 1967 créase o Colexio Universitario de Xirona, adscrito á Universidade Autónoma de Barcelona, en 1991, créase formalmente a UdG froito da fusión do Colexio Universitario e da Escola Politécnica pertencente anteriormente á Universidade Politécnica de Cataluña. Actualmente, a Universidade de Xirona conta con máis de 13.000 estudantes e 1.200 profesores, organizados en 17 centros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.