indíxena aimará From Wikipedia, the free encyclopedia
Julián Apaza Nina, máis coñecido como Túpac Catari, Túpaj Katari, ou simplemente Katari, nado en Ayo Ayo, provincia de Sica Sica, Vicerreinado do Perú, 1750, e finado na Paz o 15 de novembro de 1781, foi un indíxena aimará, líder das actividades independentistas de Bolivia e dunha rebelión indíxena contra o Imperio español a comezos da década de 1780. A súa irmá Gregoria Apaza, e a súa muller Bartolina Sisa, participaron na rebelión ó seu carón.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1750 Ayo Ayo |
Morte | 15 de novembro de 1781 (30/31 anos) A Paz |
Causa da morte | pena de morte, desmembramento |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Vicerreinado do Perú |
Actividade | |
Ocupación | líder amerindio |
Lingua | Lingua castelá e Lingua aimará |
Familia | |
Cónxuxe | Bartolina Sisa |
Irmáns | Gregoria Apaza |
Polos seus esforzos, a súa derrota, tortura e brutal execución, (estirado polas extremidades até ser desmembrado), Túpac Katari é lembrado como un heroe polos movementos indíxenas da Bolivia moderna, que chaman á súa filosofía política Katarismo. Un grupo guerrilleiro boliviano, o Exército Guerrilleiro Túpac Katari, leva ese nome na súa honra.
Fillo dun mineiro que morreu nas minas de Potosí. Logo de quedar orfo na súa adolescencia, comezou a servir como axudante de cura, converténdose en campaneiro grazas ó seu tío Manuel, curaca dunha comunidade veciña a Ayo Ayo, chegando a ser campaneiro oficial da igrexa do poboado. Logo traballou dous anos como peón na mina de San Cristóbal, de Oruro, ó principio como barreteiro e logo carrexando anacos de mineral. Alí coñeceu o sufrimento doutros indíxenas e comezou a proclamar a necesidade de rebelarse.
Trasladouse a Sica Sica onde traballou como panadeiro e onde coñeceu á súa compañeira Bartolina Sisa. Máis tarde foi comerciante ambulante até A Paz, estudando a forma de pensar dos indíxenas, mestizos e cholos, observando especialmente o seu descontento crecente ante a explotación colonial.[1]
Foi secundado na súa loita pola súa esposa, Bartolina Sisa, e a súa irmá máis nova Gregoria Apaza. Adoptou o pseudónimo de Túpac Katari en homenaxe ao cacique-Inca rebelde Túpac Amaru II (1738-1781) que se levantou en Cuzco; e Tomás Catari (1740-1781), cacique de Chayanta.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.