A dos tupaíidos (Tupaiidae) é unha familia de mamíferos placentarios, unha das dúas que comprende a orde dos escandentios (a outra é a dos ptilocércidos).[1]

Máis información Clasificación científica, Xéneros e Especies ...
Tupaíidos
Tupaiidae
Tupaias

Tupaia de Xava (Tupaia javanica)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria
Infraclase: Placentalia
Superorde: Euarchontoglires
Orde: Scandentia
Familia: Tupaiidae
Gray, 1825
Xéneros e Especies
  • Véxase o texto
Pechar

A familia contén catro xéneros e 19 especies,[2] coñecidas vulgarmente na bibliografía internacional como tupaias,[3] ou musarañas arborícolas,[4] pequenos mamíferos arborícolas e aspecto primitivo similares en aparencia aos esquíos, que viven actualmente nas selvas do sueste asiático.[5] Porén, trátase do grupo máis próximo aos primates, despois dos dermópteros.

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray na páxina 339 do seu traballo "An outline of an attempt at the disposition of the Mammalia into tribes and families with a list of the genera apparently appertaining to each tribe". Ann. Philos. (ns) 10: 337-344.[2]

Etimoloxía

O nome científico da familia, Tupaiidae, fórmase, como é habitual, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, neste caso Tupaia, engadíndolle a desinencia do latín científico -idae, propia dos nomes das familias de animais.

Tupaia deriva deriva do malaio tupai "esquío" ou "pequeno animal que semella un esquío".[6]

Sinónimos

Ademais de polo nome de Tupaiidos, este grupo, ao longo do tempo, foi coñecido polos seguintes sinónimos,[2] (non todos son nomes de familia):

  • Cladobatae
  • Cladobatidina
  • Cladobatida
  • Cladobatina
  • Glisoricina
  • Glisoricinae
  • Tupaina
  • Tupaiadae
  • Tupajidae
  • Tupayae
  • Tupayidae

Clasificación

Thumb
Anathana ellioti.
Thumb
Tupaia belangeri.
Thumb
Tupaia glis.

Segundo Mammals Species of the World, a familia comprende catro xéneros,[2] coas seguintes especies:

  • Familia Tupaiidae Gray, 1825
    • Xénero Anathana Lyon, 1913
    • Xénero Dendrogale Gray, 1848
      • Dendrogale melanura (Thomas, 1892)
      • Dendrogale murina (Schlegel & Müller, 1843)
    • Xénero Tupaia Raffles, 1821
      • Tupaia belangeri (Wagner, 1841)
      • Tupaia chrysogaster Miller, 1903
      • Tupaia dorsalis Schlegel, 1857
      • Tupaia glis (Diard, 1820)
      • Tupaia gracilis Thomas, 1893
      • Tupaia javanica Horsfield, 1822
      • Tupaia longipes (Thomas, 1893)
      • Tupaia minor Günther, 1876
      • Tupaia moellendorffi Matschie, 1898
      • Tupaia montana Thomas, 1892
      • Tupaia nicobarica (Zelebor, 1869)
      • Tupaia palawanensis Thomas, 1894
      • Tupaia picta Thomas, 1892
      • Tupaia splendidula Gray, 1865
      • Tupaia tana Raffles, 1821
    • Xénero Urogale Mearns, 1905

Filoxenia

Os membros desta familia (así como os da outra da orde) consideráronse, en primeira instancia, como insectívoros,[7] e máis tarde foron incluídos na orde dos primates, sobre a base de certas similitudes anatómicas con estes como, por exemplo, a estrutura do cerebro,[5] e clasificados como prosimios primitivos.[2]

Porén, recentes estudos filoxenéticos moleculares puxeron de manifesto que os tupaias deben de ter a mesma categoría taxonómica (orde) que os primates, dentro do clado dos Euarchonta, que inclúe tamén aos dermópteros. De acordo con estes estudos, Euarchonta é o grupo irmán dos Glires (Lagomorpha + Rodentia), e Euarchonta + Glires forman o clado de rango superior Euarchontoglires.[8]

Porén, propuxéronse outras relacións entre ditas ordes.[9]

Cladograma

Euarchontoglires
Glires

Rodentia

Lagomorpha

Euarchonta

Scandentia

Dermoptera

Plesiadapiformes

Primates

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.