Ptilocercus lowii, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional co nome de tupaia ou musaraña arborícola de cola plumosa, é unha especie de mamífero placentario da orde dos escandentios, a única da familia dos ptilocércidos, e do seu único xénero, Ptilocercus,[3]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Ptilocercus lowii
Musaraña arborícola de cola plumosa

Lámina Ptilocercus lowii, de Joseph Wolf,
na obra de Gray.[1]
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria
Infraclase: Placentalia
Superorde: Euarchontoglires
Orde: Scandentia
Familia: Ptilocercidae
Lyon, 1913
Xénero: Ptilocercus
Gray, 1848
Especie: P. lowii
Nome binomial
Ptilocercus lowii
Gray, 1848
Distribución de Ptilocercus lowii
Distribución de Ptilocercus lowii

Distribución de Ptilocercus lowii
Pechar

É orixinaria do sur de Tailandia, a península Malaia, Borneo e algunhas outras illas de Indonesia.[2]

Taxonomía

Descricións

A familia foi descrita en 1913 polo zoólogo e biólogo estadounidense Marcus Ward Lyon, en Proc. U. S. Natl. Mus., 45: 4,[3] separando ao xénero Ptilocercus da dos tupaíidos, onde estivera adscrito até aquela.

O xénero, e a especie, foran descritos en 1848 polo naturalista inglés John Edward Gray en Proc. Zool. Soc. Lond., 1848: 23.[4][5]

Sinonimia

Ao longo do tempo o xénero Ptilocercus tamén foi coñecido polo sinónimo Ptilocerus Brehm, 1864.[4]

Etimoloxías

O nome da familia fórmase, como é habitual, sobre a raíz do seu xénero tipo (e único), Ptilocercus, coa adición da desinencia do latín científico -idae, propipo das familias de animais.

En canto o nome do xénero está formado pola raíz do latín científico ptil-, tirada do grego antigo πτίλον ptílon, 'pluma', e o grego κέρκος kérkos, 'cola'. Literalmente: 'o de cola de pluma'.[6]

E o específico, lowii, foi unha homenaxe que Gray lle fixo ao naturalista, administrador colonial e explorador inglés Hugh Low.

Clasificación

A familia comprende un único xénero, cunha única especie, na que se recoñecen dúas subespecies:[4]

Familia Ptilocercidae Lyon, 1913

  • Xénero Ptilocercus (Gray, 1848)
    • Ptilocercus lowii (Gray, 1848)
      • Ptilocercus lowi lowii (Gray, 1848)
      • Ptilocercus lowi continentis (Thomas, 1910)

Filoxenia

A dos ptilocércidos é unha familia dentro da orde dos escandentios. Numerosas diferenzas morfolóxicas e xenéticas apoian a clasificación dos ptilocércidos como unha familia separada do resto das musarañas arborícolas, das que diverxeron hai ao redor de 63 millóns de anos.[2]

Os membros desta orde consideráronse, en primeira instancia, como insectívoros,[7] e máis tarde foron incluídos na orde dos primates, sobre a base de certas similitudes anatómicas con estes como, por exemplo, a estrutura do cerebro,[7] e clasificados como prosimios primitivos.[3]

Porén, recentes estudos filoxenéticos moleculares puxeron de manifesto que os tupaias deben de ter a mesma categoría taxonómica (orde) que os primates, dentro do clado dos Euarchonta, que inclúe tamén aos dermópteros. De acordo con estes estudos, Euarchonta é o grupo irmán dos Glires (Lagomorpha + Rodentia), e Euarchonta + Glires forman o clado de rango superior Euarchontoglires.[8]

Porén, propuxéronse outras relacións entre ditas ordes.[9]

Curiosidade científica

Este animal presenta a característica de que se alimenta do néctar dunha palmeira (Eugeissona tristis), que contén até un 3,8 % de alcohol, do que consome cada noite o equivalente de 9 copas de viño para un ser humano, sen mostrar niungún signo de ebriedade.[10][11]

As medicións feitas cun biomarcador da descomposición do etanol suxiren que pode metabolizalo por unha vía que non se utiliza tan frecuentemente nos seres humanos. A súa capacidade de inxerir grandes cantidades de alcohol presúmese que pode ser unha adaptación evolutiva na súa árbore filoxenética. Porén non está claro como se beneficia o animal desta inxesta de alcohol, ou que consecuencias pode ter a alta taxa de alcohol no sangue na súa fisioloxía.[12]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.