peixe de auga doce e de mar da familia dos salmónidos From Wikipedia, the free encyclopedia
A troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss) é un peixe eurihalino de auga doce e de mar da familia dos salmónidos, distribuído de forma nativa polo norte do océano Pacífico, dende o Xapón pasando polo mar de Bering até Península de Baixa California, en México, aínda que de forma artificial foi introducida polo ser humano en medio mundo.[1]
Troita arco da vella | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Oncorhynchus mykiss Walbaum, 1792 | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
Ver texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Onchorynchus mykiss (Walbaum, 1792) |
A lonxitude máxima descrita foi dun exemplar que medía 120 cm, aínda que o normal é unha lonxitude máxima de 60 cm.[2] Ten de 3 a 4 espiñas na aleta dorsal, do mesmo xeito que na anal, co corpo alongado, cilíndrico nos individuos novos e comprimido lateralmente nos de moita idade.[1] Os machos reprodutores non presentan cambios na morfoloxía da cabeza nin resto do corpo tan rechamantes como os doutras especies do mesmo xénero; variando moito a coloración da pel co hábitat e o tamaño; os que residen en ríos de forma permanente son máis escuros, semellantes aos anádromos en idade reprodutiva, mentres que os que residen en lagos son de coloración máis clara.[1]
É un peixe de augas subtropicais a frías e anádromo,[3] que vive no mar preto do fondo nun rango de profundidades entre 0 e 200 metros, remontando os ríos para desovar.[4]
Os alevíns máis pequenos son bentopeláxicos, mentres que os xuvenís de máis idade vólvense totalmente peláxicos.[5] O hábitat natural das especies é a auga doce duns 12 °C no verán, posiblemente orixinaria de Kamchatka, non estando claro se a aparición da anadromía é unha adaptación xenética ou simplemente un comportamento oportunista, o que se parece claro é que calquera poboación desta especie é quen de emigrar ao mar en calquera intre que o necesiten, sendo capaces de adaptarse a todo tipo de augas.[6] Sobrevive mellor en lagos cá nas correntes de ríos.[7]
En canto á dieta, os adultos son xeralistas, alimentándose de invertebrados e peixes de escaso tamaño,[8] mentres que os alevíns aliméntanse de zooplancto[9]
Os anádromos adoitan vivir uns 11 anos, remontando os ríos por primeira vez a reproducirse no terceiro ano de vida, polo que adoitan reproducirse unhas 8 veces na vida; os non anádromos adoitan vivir un máximo de 6 anos, reproducíndose por tanto 3 veces na vida.[10]
É unha especie moi pescada e criada na acuicultura cunha importancia comercial grande, véndese fresca, conxelada, afumada, en salgadura ou enlatada, cociñándose en multitude de maneiras, moi aprezada na gastronomía.[11]
Tamén é moi usada en pesca deportiva, posto que a especie foi introducida en multitude de cursos de auga con este fin.[11] De feito, considéraselle unha especie invasora que está a crear un problema ecolóxico nalgunhas das zonas nas que se introduciu.[12]
Aínda que se producen numerosos cambios nas subespecies, poderiamos considerar válidas as seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.