From Wikipedia, the free encyclopedia
Chámanse eurihalinos aqueles seres acuáticos que son capaces de vivir nun amplo abano de concentración de sales sen que isto afecte o seu metabolismo. Para soportar estes cambios na salinidade utilizan distintos sistemas de regulación, como son as glándulas lacrimais, as fosas nasais e outros, mediante mecanismos fisiolóxicos que buscan conseguir que a concentración salina do seu sangue sexa similar á do fluído no que viven (auga salgada ou doce).
O termo procede do grego eury-, ancho, estendido, e hal(o)-, sal, e foi creado por Karl Möbius en 1871, como euryhalin.
Exemplos de peixes eurihalinos son os diádromos (que migran do mar ós ríos), coma o salmón, a anguía ou os espiñosos (Gasterosteidae), pero tamén se dá esta característica noutros grupos animais, como as artemias, un pequeno crustáceo.
En contraposición están os organismos estenohalinos, que só poden sobrevivir nun rango de salinidade moi estreito, deténdose o seu desenvolvemento se varía a concentración de sal no medio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.