Trofeo Joan Gamper 2021
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Trofeo Joan Gamper 2021 foi a quincuaxésima sexta edición do torneo amigable. O encontro disputouse o 8 de agosto de 2021 no Estadio Johan Cruyff. Nesta ocasión o F. C. Barcelona enfrontouse á Juventus F. C., sendo esta a segunda participación dos italianos no trofeo.[1]
Tipo | Trofeo Joan Gamper ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Número de edición | 56 ![]() |
Adicionalmente, o primeiro equipo do fútbol feminino disputou un encontro ante a Juventus Women na previa ao partido principal, sendo a primeira edición do Trofeo Joan Gamper Feminino e a segunda vez na historia do club que o equipo feminino xoga un encontro no Camp Nou.[2][3] Debido ás condicións sanitarias derivadas da pandemia de COVID-19, só se permitiu a entrada a un 20% da capacidade total do estadio para ambos os dous encontros.[4]
Malia o anuncio, o 29 de xullo a Generalitat de Cataluña informou que os eventos deportivos en Barcelona non podían superar as 3.000 persoas debido á quinta onda de COVID-19 que estaba a azoutar a cidade.[5] Debido a estes motivos, houbo un cambio de plans e a xunta azulgrana decidiu que o novo escenario do torneo sería o novo campo deportivo do equipo feminino, o Estadio Johan Cruyff, que acolleu por primeira vez o evento.[6][7]