nome común dunha familia de anfibios From Wikipedia, the free encyclopedia
Tritón[1] é o nome común que se lles dá aos anfibios urodelos pertencentes á familia dos salamándridos, semellantes ás píntegas ou salamántigas, pero que se distingue delas porque fican nas charcas onde se reproducen durante moito tempo, até chegar a varios meses.
Porén, esta distinción ten numerosas excepcións debido a que as palabras "tritón" e "salamántiga" son moi anteriores ao descubrimento de numerosas especies, aínda que continúa sendo válida en Europa.
Os tritóns son, pois, todos os membros da familia dos salamándridos excluíndo as "salamántigas verdadeiras", da subfamilia dos salamandrinos (xéneros Chioglossa, Mertensiella, Lyciasalamandra e Salamandra). Son pois, moitas das especies pertencentes á subfamilia dos pleurodelinos (algunhas delas, nalgúns idiomas, tamén se denominan salamántigas)
Están presentes en toda Europa, Asia, América do Norte e o norte de África.
Como todos os membros da orde, os tritóns caracterízanse por teren:
Outros caracteres morfolóxicos deste grupo son:
Nestas vértebras os dous extremos son cóncavos, e son eficientes para a natación, xa que confiren flexibilidade ao esqueleto axial. A maioría dos peixes teleósteos adoitan presentalas, e tamén os tetrápodos acuáticos.[3]
As larvas, acuáticas, posúen dentes verdadeiros tanto no maxilar superior como na mandíbula, e branquias externas.
Os tritóns teñen a capacidade de poder rexenerar un membro cortado. Parece que este novo crecemento depende dun sistema de proteínas, incluíndo a Prod-1, cuxa concentración varía coa posición anatómica, co eixe do corpo e a nAG, producida pola células de Schwann que rodean a neurona seccionada.[4]
Moitos tritóns producen toxinas, que se encontran nas secrecións da pel, como mecanismo de defensa contra os depredadores. Os tritóns do xénero Taricha, do oeste de Norteamérica, son particularmente tóxicos; Taricha granulosa, das zonas costeiras do Pacífico noroeste, produce tetrodotoxina máis que suficiente para matar un ser humano adulto. Para provocar danos, as toxinas teñen que penetrar no organismo sendo inxeridas ou a través dunha lesión da pel.[5]
Na taxonomía dos anfibios, só o xénero Triturus comprende es tritóns stricto sensu. Porén, a familia dos salamándridos divídese informalmente adoito en dous grandes grupos: as "salamántigas verdadeiras" (que comprenden os xéneros Chioglossa, Lyciasalamandra, Mertensiella e Salamandra) e os "tritóns" (que agrupan os xéneros restantes).[6][7]
En Galicia poden verse tres especies:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.