En bioloxía sistemática chámase carácter a cada un dos trazos que se empregan na descrición dos seres vivos. Se son hereditarios, son apropiados para a descrición das especies.

Os caracteres poden ser morfolóxicos, anatómicos, fisiolóxicos, condutuais, bioquímicos, xenéticos, xeográficos, ou de calquera outra natureza. A comparación de caracteres homólogos é a base do método comparativo aplicado en bioloxía sistemática, especialmente do análise filoxenético.

Noutra orde de cousas, os caracteres poden ser cualitativos ou cuantitativos. Os cuantitativos son os que, para ser descritos, deben ser medidos ou contados. Nestes adoita haber diferenzas entre os individuos, e para a descrición e comparación hai que recorrer a intervalos de variación, ou mellor a parámetros estatísticos como a media e a varianza.

Series de caracteres

O cambio evolutivo dá lugar á substitución dun carácter por outro. Unha serie de caracteres está formada polos estadios consecutivos da súa evolución. Unha serie pode non ser lineal, cando o carácter do devanceiro derivou por camiños diferentes na evolución de distintos descendentes.

Cando comparamos dous caracteres que forman unha serie, chamamos plesiomórfico ao que representa o estado ancestral e apomórfico ao que deriva del. Por exemplo, o corazón de catro cavidades dos mamíferos representa o estado apomórfico derivado do corazón de tres cavidades dos seus antepasados reptilianos. Na linguaxe divulgativa, para esta distinción úsanse a miúdo termos como "primitivo" e "evolucionado", que inclúen unha referencia implícita ao concepto filosófico clásico da scala naturae; este concepto non coincide necesariamente coa serie de caracteres e, por tanto, o emprego destes termos pode levar a confusión en bioloxía. Son apropiados os termos "ancestral" e "derivado". Á operación de pescudar cal é nunha serie o carácter plesiomórfico e cal o apomórfico, chámaselle determinación da polaridade.

Grupos plesiotípicos e apotípicos

Plesiotípico e apotípico son termos cun dobre uso, que varía segundo o autor ou o contexto. Na súa acepción máis xeneralizado aplícanse aos caracteres e son sinónimos de plesiomórfico e apomórfico. No uso máis rigoroso, apotípico é o taxon que máis se aparta das características do devanceiro común cando o comparamos con outro. Por exemplo, se comparamos aos mamíferos cos actinopterixios (os peixes máis comúns) podemos dicir que os mamíferos son máis apotípicos. O das baleas é un grupo apotípico cando as comparamos cos hipopótamos (todos eles encadrados na orde cetartiodáctilos); as primeiras apártanse nun grao moito maior das características do antepasado común dos dous grupos.

A orixe da novidade

Un dos asuntos máis debatidos en bioloxía é o da orixe dos caracteres biolóxicos.

  • Unha variante importante do concepto de innovación é o de innovación clave (en inglés, "key innovation"), que fai referencia á capacidade dun cambio morfolóxico para promover unha radiación adaptativa. Un exemplo é a repetida aparición do hipocono na dentición dos mamíferos: aínda que o cambio fenotípico requirido para producilo é mínimo, a súa posesión está correlacionada cunha gran diversificación de liñaxes, dada a vantaxe adaptativa que supón en nichos adaptativos herbívoros.[1]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.