![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/89/Flag_of_Tristan_da_Cunha.svg/langgl-640px-Flag_of_Tristan_da_Cunha.svg.png&w=640&q=50)
Tristan da Cunha
arquipélago británico no sur do Océano Atlántico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tristan da Cunha[1] é un remoto arquipélago no sur do océano Atlántico. Constitúese como unha dependencia de Santa Helena, a cal forma parte do Territorio Británico de Ultramar. É o arquipélago habitado máis remoto do mundo, pois o lugar habitado máis próximo, a illa de Santa Helena, atópase a 2 161 km.
Himno | God Save the King ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Tristão da Cunha ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Territorio Británico | Santa Helena ![]() | ||||
Capital | Edimburgo dos Sete Mares ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 246 (2019) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa (lingua predominante) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 207 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Altitude | 2.062 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Queen Mary's Peak (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +2908 ![]() | ||||
Código de país | sen valor e TA ![]() | ||||
ISO 3166-2 | SH-TA ![]() | ||||
Páxina web | tristandc.com ![]() |
O territorio consiste na illa habitada de Tristan da Cunha, as reservas naturais da illa de Gonçalo Álvares e da Illa Inaccesible, e as deshabitadas illas Nightingale. A data de abril de 2020 a poboación da illa principal era de 246 persoas.[2] As outras illas están deshabitadas, exceptuando o persoal dunha estación meteorolóxica na illa de Gonçalo Álvares. Non hai aeródromos de ningún tipo, polo que o único xeito de chegar a Tristan da Cunha é por mar, nunha viaxe de seis días dende Suráfrica.[3]