From Wikipedia, the free encyclopedia
Tristão da Cunha, nado ca. 1460 e finado ca. 1540, 1.º Señor de Gestaçô e Panóias, foi cabaleiro do consello do rei Manuel I, explorador portugués e comandante naval. Tamén transcrito como Tristan da Cunha.[1] Foi nomeado, en 1504, primeiro vicerrei e gobernador da India portuguesa, pero non ocupou o cargo por motivos de cegueira temporal, ocupado por D. Francisco de Almeida.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1460 (Gregoriano) Lisboa |
Morte | 1540 (Gregoriano) (79/80 anos) Reino de Portugal |
Vice-rei da India portuguesa (pt) | |
1504 – 1505 ← sen valor – Francisco de Almeida → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Português |
Actividade | |
Ocupación | explorador |
Lingua | Lingua portuguesa |
Carreira militar | |
Rango militar | almirante |
Familia | |
Fillos | Nuno da Cunha (pt) |
Pai | Nuno da Cunha, o Velho (pt) |
En 1506, foi nomeado comandante da frota de 10 buques de carga, baixo a cal seguiu o 2º Gobernador da India, Afonso de Albuquerque, curmán segundo seu, que estaba á fronte dun escuadrón doutros catro barcos[2] operando ao longo da costa oriental de África e nas Indias.
Nesta viaxe Tristão da Cunha descubriu un grupo de illas remotas no sur do océano Atlántico, a 2816 km de Suráfrica. A pesar de que o mar revolto impediu o desembarco, bautizou co seu nome a illa principal que permanece até hoxe, no arquipélago de Tristan da Cunha.
Máis tarde desembarcou en Madagascar. No estreito de Mozambique, axudou o seu amigo o galego João da Nova (ou Xoán de Novoa) e recuperou o barco Frol de la Mar, uníndoos á súa frota, en Brava reduciu o poder árabe, Barawa e conquistou Socotra con Afonso de Albuquerque, iniciando a construción dunha fortaleza. Chegado á India en agosto de 1507, distinguiuse en varias accións, como o apoio decisivo no asedio de Cananor, e prestou asistencia ao vicerrei D. Francisco de Almeida derrotando a frota do Samorim de Calcuta en novembro, tras o cal volveu ao reino coa frota cargada.
En 1514 foi enviado a Roma como embaixador ante o papa León X, con Garcia de Resende como o seu secretario.[3] A suntuosa embaixada que comandaba, acompañado de Diogo Pacheco e João de Faria, percorreu as rúas da cidade nunha procesión extravagante, o 12 de marzo de 1514, onde se podían ver animais salvaxes das colonias e riquezas das Indias.[4] A procesión trouxo un elefante de agasallo ao papa, ao que chamou Hanno), que durante case 3 anos foi a súa mascota. Tamén había dous leopardos, unha pantera, algúns papagaios, pavos raros e cabalos indios. Hanno levaba ao lombo un estrado de prata, con forma de castelo, que contiña unha caixa forte cos agasallos reais, incluíndo vestimentas bordadas con perlas e pedras preciosas, e moedas de ouro acuñadas para a ocasión.
O Papa recibiu a procesión no Castelo de Sant'Angelo. O elefante axeonllouse tres veces en reverencia e despois, obedecendo un aceno do seu mahout (adestrador), sacou auga dun balde coa súa trompa e salpicouna sobre a multitude e os cardeais.
Para a mesma ocasión viría un rinoceronte, que foi retratado por Albrecht Dürer nunha famosísima xilografía. A pesar de nunca o ter visto, o artista baseárase nunha descrición extremamente precisa do animal. O barco co rinoceronte naufragou ao mesmo tempo que Hanno chegaba de Lisboa.
O sepulcro de Tristão da Cunha atópase no convento de Nossa Senhora da Encarnação do século XVII en Olhalvo (concello de Alenquer).
Era fillo de Nuno da Cunha o «Vello» e da súa muller Catarina de Albuquerque, sobriña de Lopo Soares de Albergaría, 3º Gobernador da India.
Casou con dona Antónia Pais, filla de Pêro Gonçalves, secretario de D. Afonso V e da súa muller Leonor Pais.[5] O seu fillo Nuno da Cunha, foi gobernador da India en 1529 e outro fillo, Simão da Cunha, foi Comandante de Torres Vedras.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.