Semideus grego From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Triptólemo (en grego antigo Τριπτόλεμος) era un semideus e un heroe, relacionado coa Deméter dos misterios eleusinos que perduraron no mundo grego e romano ata a era cristiá. Está considerado como fillo do rei Céleo e da raíña Metanira, pero outras fontes fano fillo de Eleusis e Deméter ou fillo de Xea e Océano (outro xeito de dicir que era o «home primordial»).[1]
Aprendeu de Deméter a arte da agricultura e á súa vez ensinóullela ós gregos. Deméter, agradecida pola hospitalidade recibida por parte dos pais de Triptólemo, deulle un carro tirado por dragóns alados e un saco de trigo, e Triptólemo, remontándose sobre os aires, sementou con el toda a terra habitada.
Pero parece que a idea non foi ben recibida en todas partes. Carnabón, rei dos xetas (unha tribo tracia que vivía onda a desembocadura do Danubio) matoulle un dos dragóns, que axiña foi substituído por outro grazas a Deméter. Na cidade de Patrás, Antias rouboulle o carro e os dragóns mentres Triptólemo dormía, pero non os puido dominar e morreu ó caer do carro.
Por veces, Triptólemo aparece como xuíz no Hades, xunto a Minos, Éaco e Radamantis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.