O bilurico alinegro[2] (Tringa ochropus) é unha pequena ave limícola do Vello Mundo. O nome do xénero Tringa é o nome neolatino que lle deu a esta especie Aldrovandus en 1599 baseándose no nome dunha ave, trungas, mencionada por Aristóteles. O nome específico ochropus vén do grego antigo okhros, 'ocre', e pous, 'pé'.[3]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Pechar

O bilurico alinegro represena unha antiga liñaxe dentro do xénero Tringa; o seu único parente próximo vivo é o T. solitaria. Ambos teñen ás marróns con poucos puntos claros e un delicado pero contrastado debuxo no pescozo e peito. Ademais, ambas as especies aniñan nas árbores, a diferenza doutros escolopácidos.[4]

Dada a súa posición basal en Tringa, non é moi sorprendente que se informase de casos sospeitosos de hibridación entre esta especie e o bilurico bailón (Actitis hypoleucos) do xénero irmán Actitis.

Descrición

Thumb
Adulto invernante preto de Hodal, Haryana, (India)

Esta especie é un limícola algo gordo cun dorso e ás marróns verdosos escuros, cabeza e peito cincentos e no resto do corpo é branco. O dorso está inzado de manchas brancas en variada extensión, sendo máxima no adulto reprodutor, e menor en inverno e nas aves novas. As patas e o curto bico son verdes escuros.

En voo é moi distinguible e cun padrón característico, coas súas ás escuras pola parte superior e inferior e unha rabadilla moi branca. Esta última característica destacable distíngueo da especie moi similar pero máis pequena T. solitaria de Norteamérica.

En voo emite un asubío de tres notas característico.

Distribución e ecoloxía

Thumb
Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden.

Reprodúcese ao longo da Europa e Asia subárticas e é unha ave migratoria, invernando no sur de Europa, o subcontinente indio, sueste asiático, e África tropical. En Galicia é unha ave escasa que aparece como ave de paso ou invernante.[2] Aliméntae de pequenos invertebrados que apaña na lama, xa que esta especie inspecciona continuamente arredor das beiras da lagoa elixida.

Non é unha especie gregaria, aínda que ás veces se congregan en pequeno número en lugares axeitados para a súa alimentación. É unha ave de auga doce, e a miúdo pode verse en sitios demasiado restrinxidos para outras limícolas, que tenden a preferir sitios cunha vista ampla xeral.

Pon de 2 a 4 ovos en niños nunha árbore vella que pertenceron a outra especie, como o Turdus pilaris. A posta tarda unhas tres semanas en facer eclosión.

O bilurico alinegro é unha das especies ás que se aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-euroasiático (AEWA). Está amplamente distribuído e abunda, polo que a IUCN non o considera unha especie ameazada a escala global.[1]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.