Bilurico alinegro
From Wikipedia, the free encyclopedia
O bilurico alinegro[2] (Tringa ochropus) é unha pequena ave limícola do Vello Mundo. O nome do xénero Tringa é o nome neolatino que lle deu a esta especie Aldrovandus en 1599 baseándose no nome dunha ave, trungas, mencionada por Aristóteles. O nome específico ochropus vén do grego antigo okhros, 'ocre', e pous, 'pé'.[3]
Bilurico alinegro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar en Standlake, Oxfordshire | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
O bilurico alinegro represena unha antiga liñaxe dentro do xénero Tringa; o seu único parente próximo vivo é o T. solitaria. Ambos teñen ás marróns con poucos puntos claros e un delicado pero contrastado debuxo no pescozo e peito. Ademais, ambas as especies aniñan nas árbores, a diferenza doutros escolopácidos.[4]
Dada a súa posición basal en Tringa, non é moi sorprendente que se informase de casos sospeitosos de hibridación entre esta especie e o bilurico bailón (Actitis hypoleucos) do xénero irmán Actitis.