![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/29/General_transduction_miguelferig.png/640px-General_transduction_miguelferig.png&w=640&q=50)
Transdución xenética
From Wikipedia, the free encyclopedia
En xenética, a transdución definiuse inicialmente como o proceso por medio do cal se transfería ADN dunha bacteria a outra pola intermediación dun virus.[1] Un uso ampliado moderno do termo é a de consideralo o proceso por medio do cal se insire material xenético (ADN ou ARN interferente pequeno) nunha célula (bacteriana ou eucariota) por medio dun virus vector. A transdución é un proceso que se dá de forma natural, pero é tamén unha ferramenta de uso común en bioloxía molecular para introducir establemente xenes alleos no xenoma dunha célula hóspede. A transdución non require un contacto célula a célula (como na conxugación bacteriana) nin o paso directo do ADN a través da membrana (como na transformación bacteriana), o que a fai resistente á DNase, xa que é o virus quen transporta o material xenético a transferir.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/29/General_transduction_miguelferig.png/640px-General_transduction_miguelferig.png)
Cando un virus bacteriófago (virus que infecta bacterias) infecta unha célula bacteriana, o seu modo normal de reprodución é aproveitar a maquinaria de replicación do ADN, transcrición e tradución da célula bacteriana hóspede para fabricar moitos virus fillos.
A transdución é moi importante porque é un dos fenómenos que explican, por exemplo, como as bacterias adquiren resistencia aos antibióticos debido á transferencia de xenes de resistencia a eles entre bacterias por mediación dos virus. Ademais, existe a posibilidade de crear procedementos de modificación xenética para intentar curara enfermidades conxénitas como a distrofia muscular de Duchènne baseándose nestas metodoloxías.