Tragsa
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Grupo Tragsa (acrónimo de Empresa de Transformación Agraria, S.A. ) é un grupo empresarial público integrado no holding público Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) que nace baixo a natureza de medios instrumentais propios do Estado orientados ao desenvolvemento e conservación do rural e da natureza.[2]
Tragsa | |
---|---|
Tipo | Empresa pública |
Presidente/a | Jesús Casas Grande[1] |
Organización matriz | Sociedade Estatal de Participacións Industriais e Ministerio para a Transición Ecolóxica |
Organización subsidiaria | Brigadas de Reforzo contra Incendios Forestais |
País | España |
Na rede | |
http://www.tragsa.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde este orixinario foco no sector medioambiental, a corporación diversificou os seus campos de actuación realizando outras actividades como a execución de infraestruturas, o aproveitamento da auga e a seguridade alimentaria, entre outras. Participou, de xeito polémico, na limpeza despois do naufraxio do Prestige, nas actuacións após a riada de Biescas etc.[3]
Conta cun cadro de persoal de máis de 16 000 traballadores que durante os 45 anos de historia da empresa levaron a cabo preto de 200 000 actuacións.[4] [5]
Jesús Casas Grande foi nomeado presidente do Grupo Tragsa o 6 de setembro de 2018, sucedendo a Elvira Rodríguez,[6] que ocupaba a presidencia desde marzo de 2017.