Piñeiro
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os piñeiros son árbores coníferas (raramente arbustos) perennes pertencentes ao xénero Pinus, da familia Pinaceae, a única da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio norte. O piñeiro presenta unha ramificación frecuentemente verticilada e máis ou menos regular.
Piñeiros Pinus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Piñeiro manso | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Son hoxe en día comúns na paisaxe galega, por mor das reforestacións efectuadas nos séculos XIX e maiormente xa no XX durante o franquismo, sobre uceiras, fragas e carballeiras para o aproveitamento principalmente madeireiro. Con todo o piñeiro bravo (Pinus pinaster) pódese considerar unha especie autóctona xa que hai constancia arqueolóxica e paleobotánica na área de clima máis mediterráneo de Galicia, sobre todo no canón do Sil, sendo ademais xunto co carballo e o toxo un dos símbolos botánicos do país, que incluso aparece referenciado no himno. Tamén o piñeiro rubio (Pinus sylvestris) se pode considerar autóctono por existir constancia da súa presenza nalgunhas serras de Galicia central e oriental. O amplamente estendido topónimo Piñeiro, en singular, débese á presenza de exemplares de piñeiro manso (Pinus pinea), de orixe mediterránea, que se plantaron como ornamentais preto das igrexas, en pazos e casas grandes dende hai séculos e que destacan na paisaxe pola súa copa redondeada.