instalacións e sistemas fundamentais ao servizo dun país, cidade ou outras áreas From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase infraestrutura a aquela realización humana deseñada e dirixida por profesionais da arquitectura, enxeñaría civil, urbanismo etc., que serven de soporte para o desenvolvemento doutras actividades e o seu funcionamento, necesario para a organización estrutural das cidades, territorios e empresas.[1]
Este termo é utilizado habitualmente como sinónimo de obra pública por ser case sempre o Estado o encargado da súa construción e mantemento en razón da súa utilidade pública e dos custos de execución, xeralmente elevados.
O termo orixinouse a principios do século XX, e deriva do francés infrastructure, ue o formou coa forma latina infra-, "debaixo" e structure "estrutura".[1]
As grandes obras de infraestrutura moitas veces xeran impactos sociais e ambientais, poñendo en risco a saúde e benestar das comunidades afectadas, polo que precisan de exhaustivos estudos de impacto ambiental previos á súa realización.
Así mesmo, tamén se denominan infraestruturas ás chamadas "infraestruturas verdes", que se compoñen principalmente de vexetación e solos, e que teñen o obxectivo de mellorar a xestión da auga da chuvia dos ambientes construídos, con beneficios laterais tales como mellora na calidade do aire, redución do efecto "illa de calor" etc.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.