Obra pública
From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase obra pública [1] a cada un dos traballos de construción, xa sexan infraestruturas ou edificacións, promovidos por unha administración de goberno (en oposición á obra privada) tendo como obxectivo o beneficio da comunidade.

As obras públicas fomentáronse dende a antigüidade. Por exemplo, o emperador romano Nerón animou a construción de varios proxectos de infraestruturas durante a deflación xeneralizada.[2]
Tipos de contrata
Existen dous tipos de contrata para a obra pública:
- Contrata directa
- Licitación pública (concurso de prezos). Nesta, distintas empresas poden presentarse ao concurso debendo realizar unha proposta de proxecto e unha proposta económica. O proxecto que mellor se adecúe ás necesidades do goberno será o ganador e a empresa que o presentou será a encargada de executar a obra.
Principais tipos de obras públicas

Entre as principais obras públicas encóntranse:
- Infraestruturas de transporte, que inclúe:
- o terrestre (autoestradas, autovías, estradas, camiños),
- o marítimo e fluvial (portos, canais),
- o aéreo (aeroportos),
- o ferroviario e
- o transporte por condutos (oleodutos).
- Infraestruturas hidráulicas (presas, redes de distribución, depuradoras).
- Infraestruturas urbanas, que inclúe rúas, parques, alumeamento público etc.
- Edificios públicos (educativos, sanitarios, oficinas ou para outros fins.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.