![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Route_of_the_2004_Tour_de_France.png/640px-Route_of_the_2004_Tour_de_France.png&w=640&q=50)
Tour de Francia 2004
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tour de Francia 2004 foi a 91ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 3 de xullo na cidade belga de Liexa e rematou o 25 de xullo en París.
Tipo | Tour de Francia ![]() |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Distancia do evento | 3.429 km ![]() |
Lugar de saída | Liexa ![]() |
Liña de meta | París ![]() |
Número de participantes | 188, inicio 147, final ![]() |
Participantes | |
2004 AG2R Prévoyance (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Localización e Datas | |
País | Francia e Bélxica ![]() |
Intervalo de tempo | 3 de xullo de 2004 – 25 de xullo de 2004 ![]() |
Número de edición | 91 ![]() |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | non outorgado→declarado deserto |
Segundo da clasificación xeral | Andreas Klöden |
Terceiro da clasificación xeral | Ivan Basso |
Gañador da clasificación da montaña | Richard Virenque |
Gañador da clasificación por puntos | Robbie McEwen |
Vencedor da classificação dos jovens | Vladimir Karpets |
Winner of the combativity classification | Richard Virenque |
Vencedora da classificação por equipas | T-Mobile |
![]() | |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.com… ![]() |
Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 147. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba.
A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo US Postal, quen xa gañara as 5 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso e ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden.
Thomas Voeckler vestiu o maillot amarelo durante 10 etapas, ata a chegada dos Alpes, nos que Lance Armstrong colleu o liderado da carreira definitivamente. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Andreas Kloden e Ivan Basso.
No ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[1] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo, entre eles o 9º clasificado, Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2004 do Tour de Francia quedou sen gañador.