From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tour de Francia 2003 foi a 90ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo e rematou o 27 de xullo na mesma cidade de París.
Tipo | Tour de Francia |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Distancia do evento | 3.426 km |
Lugar de saída | París |
Liña de meta | París |
Número de participantes | 198, inicio 147, final |
Participantes | |
US Postal 2003 (en) , 2003 ONCE-Eroski (en) , Q14459639 , iBanesto.com 2003 (en) , Rabobank 2003, Saeco 2003 (en) , 2003 Cofidis (en) , CSC 2003, Fassa Bortolo 2003 (en) , Fdjeux.com 2003, Kelme, Q1977924 , Q1908554 , Team Bianchi 2003 (en) , Lotto-Domo 2003, Ag2r Prévoyance 2003 (en) , Vini Caldirola-Saunier Duval 2003 (en) , 2003 Euskaltel-Euskadi season (en) , Brioches La Boulangère 2003, 2003 Gerolsteiner (en) , Alessio 2003 (en) e Jean Delatour 2003 (en) | |
Localización e Datas | |
País | Francia e España |
Intervalo de tempo | 5 de xullo de 2003 – 27 de xullo de 2003 |
Número de edición | 90 |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | non outorgado→declarado deserto |
Segundo da clasificación xeral | Jan Ullrich |
Terceiro da clasificación xeral | Alexander Vinocurov |
Gañador da clasificación por puntos | Baden Cooke |
Gañador da clasificación da montaña | Richard Virenque |
Vencedor da classificação dos jovens | Denis Menchov |
Vencedora da classificação por equipas | CSC 2003 |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.com… |
Nesta edición tomaron a saída 22 equipos, formados por 9 corredores cada un, de xeito que o número de participantes total foi de 198, do cales remataron a carreira 147. Non obstante, algúns dos ciclistas que conseguiron completar o percorrido completo da proba, foron posteriormente descalificados por motivos de dopaxe, como foi o caso do gañador, Lance Armstrong. Entre o pelotón houbo tan só un representante galego, o redondelán Marcos Serrano, do equipo ONCE-Eroski, que correu co dorsal 18 e rematou a proba na 68ª posición
O Tour 2003 presentábase como un man a man entre os 3 corredores que dominaran o podio nas últimas edicións, é dicir, Lance Armstrong, Jan Ullrich e Joseba Beloki, coa presenza doutros candidatos a ocupar un posto no podio, como Alexander Vinocurov, Roberto Heras, Iban Mayo ou Gilberto Simoni, algún dos cales non estivo á altura do que se agardaba del.
A primeira semana de carreira foi intrascendente, cunha prólogo individual, varias etapas chas nas que se chegou ó sprint, e unha contra o reloxo por equipos. Co comezo da segunda semana chegaron os Alpes. Na primeira etapa de montaña gañou o escalador francés Richard Virenque, que colleu o liderado da carreira. Non obstante ese primeiro posto só lle durou un día, pois na segunda etapa, con meta en Alpe d'Huez, o americano Lance Armstrong púxose o maillot amarelo. A terceira etapa alpina sería a que marcaría ese Tour. Nela Joseba Beloki sufriu unha grave caída cando atacaba ó líder da carreira, quedando moi ferido, e sendo levado a un hospital. O resto daquel Tour foi un man a man entre Lance Armstrong e Jan Ullrich (o alemán gañou a contra o reloxo de 47 quilómetros da 12ª etapa mentres que o americano gañou a etapa pirenaica de Luz Ardiden na 15ª etapa), chegando a París con tan só un minuto e un segundo de diferenza dun sobre o outro. Con aquela vitoria, o americano acadaba o seu quinto Tour de Francia, e igualaba no máis alto do palmarés a Jacques Anquetil, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Miguel Indurain. Pasarían 9 anos ata que a UCI tomase a decisión de sancionar ó ciclista texano retirándolle tódalas súas vitorias, e polo tanto tamén esta, incluídas as vitorias de etapa.
Etapa | Data | Percorrido | Km | Gañador | Líder |
Prólogo | 5 de xullo | París-París | 6,5 (CRI) | Bradley McGee | Bradley McGee |
1.ª | 6 de xullo | Saint Denis-Meaux | 168 | Alessandro Petacchi | Bradley McGee |
2.ª | 7 de xullo | La Ferté sous Jouarre-Sedan | 204,5 | Baden Cooke | Bradley McGee |
3.ª | 8 de xullo | Charleville Mézières-Saint Dizier | 167,5 | Alessandro Petacchi | Jean-Patrick Nazon |
4.ª | 9 de xullo | Joinville-Saint Dizier | 69 (CRE) | US Postal | Víctor Hugo Peña |
5.ª | 10 de xullo | Troyes-Nevers | 196,5 | Alessandro Petacchi | Víctor Hugo Peña |
6.ª | 11 de xullo | Nevers-Lión | 230 | Alessandro Petacchi | Víctor Hugo Peña |
7.ª | 12 de xullo | Lión-Morzine | 230,5 | Richard Virenque | Richard Virenque |
8.ª | 13 de xullo | Sallanches-Alpe d'Huez | 219 | Iban Mayo | |
9.ª | 14 de xullo | Le Bourg d'Oisans-Gap | 184,5 | Alexander Vinocurov | |
10.ª | 15 de xullo | Gap-Marsella | 219,5 | Jakob Piil | |
11.ª | 17 de xullo | Narbona-Tolosa | 153,5 | Juan Antonio Flecha | |
12.ª | 18 de xullo | Gaillac-Cap découverte | 47 (CRI) | Jan Ullrich | |
13.ª | 19 de xullo | Tolosa-Ax 3 Domaines | 197,5 | Carlos Sastre | |
14.ª | 20 de xullo | Saint Girons-Loudenvielle | 191,5 | Gilberto Simoni | |
15.ª | 21 de xullo | Bagnères-de-Bigorre-Luz Ardiden | 159,5 | ||
16ª | 23 de xullo | Pau-Baiona | 197,5 | Tyler Hamilton | |
17.ª | 24 de xullo | Dax-Bordeos | 181 | Servais Knaven | |
18.ª | 25 de xullo | Bordeos-Saint Maixent-'École | 203,5 | Pablo Lastras | |
19.ª | 26 de xullo | Pornic-Nantes | 49 (CRI) | David Millar | |
20.ª | 27 de xullo | Ville d'Avray-París | 152 | Jean-Patrick Nazon |
Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2003 trala disputa da proba e trala descualificación de Lance Armstrong por parte da UCI en 2012.
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Vacante | - | - | |
Desc. | |||
2 | Jan Ullrich | Bianchi | + 1' 01" |
3 | Alexander Vinocurov | Deutsche Telekom | + 4' 14" |
4 | Tyler Hamilton | CSC | + 6' 17" |
5 | Haimar Zubeldia | Euskaltel-Euskadi | + 6' 51" |
6 | Iban Mayo | Euskaltel-Euskadi | + 7' 06" |
7 | Ivan Basso | Fassa Bortolo | + 10' 12" |
8 | Christophe Moreau | Credit Agricole | + 12' 28" |
9 | Carlos Sastre | CSC | + 18' 49" |
10 | Francisco Mancebo | iBanesto.com | + 19' 15" |
68 | Marcos Serrano | ONCE-Eroski | + 2h 07' 26" |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tour de Francia 2003 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.