From Wikipedia, the free encyclopedia
O torneo de fútbol feminino nos Xogos Olímpicos de 2020 celebrouse do 21 de xullo ao 6 de agosto de 2021.[1] Orixinalmente, ía ter lugar do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2020 pero os os Xogos Olímpicos de 2020 pospuxéronse ao ano seguinte debido á pandemia de COVID-19. Con todo, o nome oficial dos xogos continuou a ser os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.[2] Foi a sétima edición do torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos. Xunto coa competición masculina, o torneo de fútbol dos Xogos Olímpicos 2020 celebrouse en sete estadios de seis cidades do Xapón, incluída a cidade anfitrioa olímpica Toquio que acolleu o partido pola medalla de ouro feminina no Estadio Nacional. Non houbo restricións de idade para os equipos que participan na competición.
Nome na lingua orixinal | (en) Football at the 2020 Summer Olympics — Women’s tournament |
---|---|
Tipo | Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão - Feminino (pt) |
Deporte | fútbol |
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Parte de | Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 (pt) |
Composto por | |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
Localización | Toquio (Xapón) 35°41′22″N 139°41′30″L |
País | Xapón |
Intervalo de tempo | 21 de xullo de 2021 – 6 de agosto de 2021 |
Número de edición | 7 (2021) |
Competición | |
Primeiro posto | Seleção Canadense de Futebol Feminino |
Alemaña, a defensora do título, non conseguiu clasificarse para o torneo despois de ser eliminada nos cuartos de final da Mundial Feminino de Fútbol de 2019.
O Canadá gañou a súa primeira medalla de ouro tras derrotar a Suecia por 3–2 na quenda de penaltis despois de que ambos equipos empatasen 1–1 ao termo do tempo extra na final. Os Estados Unidos conseguiu lograr a medalla de bronce tras vencer a Australia por 4–3 no partido polo terceiro posto.
G | Fase de grupos | ¼ | Cuartos de final | ½ | Semifinais | B | Partido pola medalla de bronce | F | Partido pola medalla de ouro |
Mér 21 | Xov 22 | Ven 23 | Sáb 24 | Dom 25 | Lun 26 | Mar 27 | Mér 28 | Xov 29 | Ven 30 | Sáb 31 | Dom 1 | Lun 2 | Mar 3 | Mér 4 | Xov 5 | Ven 6 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
G | G | G | ¼ | ½ | B | F |
Utilizáronse sete estadios en seis cidades na competición. O partido pola medalla de ouro íase disputar inicialmente no Estadio Olímpico de Toquio. Con todo, ambos os dous finalistas concordaron en adiar o partido pola excesiva calor; como o Estadio Nacional xa estaba reservado para os eventos de atletismo, o encontro tívose que trasladar ao Estadio Internacional en Iocoama.[3][4][5]
Yokohama | Tokio | Fútbol nos Xogos Olímpicos do Xapón 2020 | |
---|---|---|---|
Estadio Internacional | Estadio Olímpico | Ajinomoto Stadium | |
Capacidade: 70.000 | Capacidade: 80.016 | Capacidade: 48.000 | |
Rifu | Sapporo | Saitama | Kashima |
Miyagi Stadium | Sapporo Dome | Saitama Stadium 2002 | Kashima Stadium |
Capacidade: 48.000 | Capacidade: 42.000 | Capacidade: 62.000 | Capacidade: 42.000 |
Debido á pandemia de COVID-19 no Xapón, a maioría dos partidos foron xogados a porta pechada sen espectadores. Con todo, o Miyagi Stadium permitiu acudir aos encontros a unha audiencia moi limitada.[6]
Ademais da nación anfitrioa do Xapón, clasificáronse 11 equipos nacionas femininos de seis confederaciones continentais diferentes. O Comité Organizador das Competencias da FIFA ratificou a distribución de equipos en reunión o 14 de setembro de 2017.[7]
Por primeira vez, grazas ao acordo entre as catro asociacións de fútbol británicas (Inglaterra, Irlanda do Norte, Escocia e Gales) para a selección feminina, Gran Bretaña intentou clasificarse para os Xogos Olímpicos a través da actuación de Inglaterra no Mundial Feminino da FIFA 2019 (un procedemento xa empregado con éxito polo Comité Olímpico do Reino Unido en hóckey sobre herba e rugby). A única aparición previa do equipo foi no torneo de 2012 no que se clasificaron automaticamente como anfitrións. Gran Bretaña conseguiu a clasificación xa que Inglaterra estaba entre os tres mellores equipos europeos.[8] Escocia tamén se clasificou para o Mundial pero, segundo o acordo, foi a nación mellor clasificada a que acabou sendo nomeada para competir para os efectos de clasificación olímpica, sen ter en conta o seu rendemento (as xogadoras escocesas, galesas e irlandesas do norte son elixibles para formar parte do equipo de Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos).[9][10][11]
Forma de clasificación | Datas1 | Sede(s)1 | Cota | Clasificados |
---|---|---|---|---|
País anfitrión | — | — | 1 | Xapón |
Copa América 2018 | 4 – 22 de abril de 2018 | Chile | 1 | Brasil |
Campionato Feminino da OFC 2018 | 18 de novembro – 1 de decembro de 2018 | Nova Caledonia | 1 | Nova Zelandia |
Mundial Feminino de Fútbol de 2019 | 7 de xuño – 7 de xullo de 2019 | Francia | 3 | Gran Bretaña Países Baixos Suecia |
Preolímpico Feminino da CONCACAF de 2020 | 28 de xaneiro – 9 de febreiro de 2020 | Estados Unidos | 2 | Canadá Estados Unidos |
Torneo Preolímpico Feminino da CAF de 2020 | 5 – 10 de marzo de 2020 | Múltiple | 1 | Zambia |
Torneo Preolímpico Feminino da AFC 2020 | 6 – 11 de marzo de 2020 e 8 – 13 de abril de 2021 | Múltiple | 2 | Australia China |
Playoff CAF–CONMEBOL | 10 – 13 de abril de 2021 | Turquía | 1 | Chile |
Total | 12 |
O torneo foi un torneo internacional completo sen restricións de idade. Tradicionalmente a normativa de convocatoria obrigaba a cada equipo a presentar un cadro de 18 xogadoras, dos cales dous debían ser gardametas. Cada equipo tamén nomeaba unha lista de catro xogadoras alternativas que podían substituír a calquera xogadora en caso de mancadura durante o torneo.[12] A finais de xuño de 2021, o Comité Olímpico Internacional e a FIFA anunciaron que as 22 xogadoras de cada equipo estarían dispoñibles para ser seleccionadas. Antes de cada encontro, os equipos escolleron, entre o seu total de 22 xogadoras, a 18 para xogar nese partido en concreto, desbotando 4 delas.[13] O cambio de regra realizouse debido aos obstáculos presentados pola pandemia de COVID-19.[14]
En xuño de 2020, a FIFA aprobou o uso do Video Assistant Referee (VAR) para o torneo.[15] As árbitras oficiais dos encontros foron anunciadas o 23 de abril de 2021.[16][17]
|
|
O sorteo para o torneo celebrouse o 21 de abril de 2021 ás 10:00 CEST (UTC +2), na sede da FIFA en Zürich, Suíza.[18] Presentouno Sarai Bareman, directora de fútbol feminino da FIFA, mentres que Samantha Johnson presentou a cerimonia. Lindsay Tarpley e Ryan Nelsen actuaron como asistentes.[19]
Os doce equipos foron colocados en tres grupos de catro equipos.[20] O anfitrión Xapón foi automaticamente seleccionado no bombo 1 e asignado na posición E1, mentres que os restantes equipos foron asignados nos seus respectivos bombos en función da súa posición na clasificación mundial femenina da FIFA anunciada o 16 de abril de 2021 (móstrase entre parénteses na táboa).[21] Como Gran Bretaña non é membro da FIFA e, polo tanto, non teñen posición en devandita clasificación, foron asignados segundo a clasificación FIFA da Inglaterra que se clasificou en nome de Gran Bretaña. Ningún grupo pode conter máis dun equipo de cada confederación.[22]
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 |
---|---|---|---|
|
|
|
|
Todos os horarios corresponden ao horario local de Xapón (UTC+9) |
Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.
Os dous primeiros equipos clasifícanse á segunda fase. A posición determínase como segue:
Se dous ou máis equipos están igualados sobre a base dos tres criterios anteriores, a súa posición resólvese do seguinte xeito:
Os países competidores dividíronse en tres grupos de catro equipos, denominados grupos E, F e G para evitar confusións cos grupos do torneo masculino (que utilizan a designación de A a D). Os equipos de cada grupo xogaron entre si nun sistema de todos contra todos cos dous primeiros equipos de cada grupo e os dous mellores terceiros clasificándose aos cuartos de final.
– Clasificado para os Cuartos de Final.
– Clasificado para os Cuartos de Final como un dos dous mellores terceiros.
Pos. | Selección | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Gran Bretaña | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 1 | +3 |
2 | Canadá | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 4 | 3 | +1 |
3 | Xapón | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 |
4 | Chile | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 5 | −4 |
Gran Bretaña | 2 - 0 | Chile | 21 de xullo de 2021, 16:30 – Sapporo Dome, Sapporo Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Salima Mukansanga |
White 17' 72' | COI Informe FIFA Informe |
||
Xapón | 1 - 1 | Canadá | 21 de xullo de 2021, 19:30 – Sapporo Dome, Sapporo Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Edina Alves |
Iwabuchi 84' | COI Informe FIFA Informe |
Sinclair 6' | |
Chile | 1 - 2 | Canadá | 24 de xullo de 2021, 16:30 – Sapporo Dome, Sapporo Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Esther Staubli |
Araya 57' | COI Informe FIFA Informe |
Beckie 39' 46' | |
Xapón | 0 - 1 | Gran Bretaña | 24 de xullo de 2021, 19:30 – Sapporo Dome, Sapporo Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Anastasia Pustovoytova |
COI Informe FIFA Informe |
White 74' | ||
Chile | 0 - 1 | Xapón | 27 de xullo de 2021, 20:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 1.326[23] Árbitro: Melissa Borjas |
COI Informe FIFA Informe |
Tanaka 77' | ||
Canadá | 1 - 1 | Gran Bretaña | 27 de xullo de 2021, 20:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Kateryna Monzul |
Leon 55' | COI Informe FIFA Informe |
Weir 85' | |
Pos. | Selección | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Países Baixos | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 21 | 8 | +13 |
2 | Brasil | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 9 | 3 | +6 |
3 | Zambia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 7 | 15 | -8 |
4 | China | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 6 | 17 | −11 |
China | 0 - 5 | Brasil | 21 de xullo de 2021, 17:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 1.645[23] Árbitro: Kateryna Monzul |
COI Informe FIFA Informe |
Marta 9' 74' Debinha 22' Andressa 82' (pen.) Beatriz 89' | ||
Zambia | 3 - 10 | Países Baixos | 21 de xullo de 2021, 20:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 1.822[23] Árbitro: María Laura Fortunato |
Banda 19' | COI Informe FIFA Informe |
Miedema 9' 15' 29' 59' Martens 14' 38' Van de Sanden 44' Roord 64' Beerensteyn 75' Pelova 80' | |
China | 4 - 4 | Zambia | 24 de xullo de 2021, 17:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 2.212[23] Árbitro: Melissa Borjas |
Wang Shuang 6' 22' 23' 84' (pen.) | COI Informe FIFA Informe |
Kundananji 15' Banda 43' (pen.) 46' 69' | |
Países Baixos | 3 - 3 | Brasil | 24 de xullo de 2021, 20:30 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 2.621[23] Árbitro: Kate Jacewicz |
Miedema 3' 59' Janssen 79' |
COI Informe FIFA Informe |
Debinha 16' Marta 65' (pen.) Ludmila 68' | |
Países Baixos | 8 - 2 | China | 27 de xullo de 2021, 20:30 – Estadio Internacional, Iocoama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Salima Mukansanga |
Van de Sanden 12' Beerensteyn 37' 45+2' Martens 47' 70' Miedema 65' 76' Pelova 71' |
COI Informe FIFA Informe |
Wang Shanshan 28' Wang Yanwen 69' | |
Brasil | 1 - 0 | Zambia | 27 de xullo de 2021, 20:30 – Saitama Stadium 2002, Saitama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Yoshimi Yamashita |
Andressa 19' | COI Informe FIFA Informe |
||
Pos. | Selección | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Suecia | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 9 | 2 | +7 |
2 | Estados Unidos | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 6 | 4 | +2 |
3 | Australia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 5 | -1 |
4 | Nova Zelandia | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 10 | −8 |
Suecia | 3 - 0 | Estados Unidos | 21 de xullo de 2021, 16:30 – Ajinomoto Stadium, Toquio Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Yoshimi Yamashita |
Blackstenius 25' 54' Hurtig 72' |
COI Informe FIFA Informe |
||
Australia | 2 - 1 | Nova Zelandia | 21 de xullo de 2021, 20:30 – Ajinomoto Stadium, Toquio Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Lucila Venegas |
Yallop 20' Kerr 33' |
COI Informe FIFA Informe |
Rennie 90+1' | |
Suecia | 4 - 2 | Australia | 24 de xullo de 2021, 17:30 – Saitama Stadium 2002, Saitama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Edina Alves |
Rolfö 20' 63' Hurtig 52' Blackstenius 82' |
COI Informe FIFA Informe |
Kerr 36' 48' | |
Nova Zelandia | 1 - 6 | Estados Unidos | 24 de xullo de 2021, 20:30 – Saitama Stadium 2002, Saitama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Stéphanie Frappart |
Hassett 72' | COI Informe FIFA Informe |
Lavelle 9' Horan 45' Erceg 63' (a.g.) Press 80' Morgan 88' Bott 90+3' (a.g.) | |
Nova Zelandia | 0 - 2 | Suecia | 27 de xullo de 2021, 17:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 884[23] Árbitro: María Laura Fortunato |
COI Informe FIFA Informe |
Anvegård 17' Janogy 29' | ||
Estados Unidos | 0 - 0 | Australia | 27 de xullo de 2021, 17:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Anastasia Pustovoitova |
COI Informe FIFA Informe |
|||
Na fase eliminatoria, se un partido estaba igualado ao final do tempo de xogo normal, xógabase un tempo extra (dous períodos de 15 minutos cada un) e deseguido, se fose necesario, unha quenda de penaltis para determinaren o gañador.[12]
Cuartos de final | Semifinais | Partido pola medalla de ouro | ||||||||
30 de xullo – Kashima | ||||||||||
Gran Bretaña | 3 | |||||||||
2 de agosto – Iocoama | ||||||||||
Australia (pro.) | 4 | |||||||||
Australia | 0 | |||||||||
30 de xullo – Saitama | ||||||||||
Suecia | 1 | |||||||||
Suecia | 3 | |||||||||
6 de agosto – Toquio | ||||||||||
Xapón | 1 | |||||||||
Suecia | 1 (3) | |||||||||
30 de xullo – Iocoama | ||||||||||
Canadá | 1 (2) | |||||||||
Países Baixos | 2 (2) | |||||||||
2 de agosto – Kashima | ||||||||||
Estados Unidos | 2 (4) | |||||||||
Estados Unidos | 0 | |||||||||
30 de xullo – Rifu | ||||||||||
Canadá | 1 | Partido pola medalla de bronce | ||||||||
Canadá | 0 (4) | |||||||||
5 de agosto – Kashima | ||||||||||
Brasil | 0 (3) | |||||||||
Australia | 3 | |||||||||
Estados Unidos | 4 | |||||||||
Canadá | 0 - 0 (Penaltis 4 - 3) |
Brasil | 30 de xullo de 2021, 17:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 3.403[23] Árbitro: Stéphanie Frappart |
Sinclair Fleming Lawrence Leon Gilles |
COI Informe FIFA Informe |
Marta Debinha Érika Andressa Rafaelle | |
Gran Bretaña | 3 - 4 | Australia | 30 de xullo de 2021, 18:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Salima Mukansanga |
White 57' 66' 115' | COI Informe FIFA Informe |
Kennedy 35' Kerr 89' 106' Fowler 103' | |
Suecia | 3 - 1 | Xapón | 30 de xullo de 2021, 19:00 – Saitama Stadium 2002, Saitama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Lucila Venegas |
Eriksson 7' Blackstenius 53' Asllani 68' (pen.) |
COI Informe FIFA Informe |
Tanaka 23' | |
Países Baixos | 2 - 2 (Penaltis 2-4) |
Estados Unidos | 30 de xullo de 2021, 20:00 – Estadio Internacional, Iocoama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Kate Jacewicz |
Miedema 18' 54' Miedema Janssen Van der Gragt Nouwen |
COI Informe FIFA Informe |
Mewis 28' Williams 31' Lavelle Morgan Press Rapinoe | |
Estados Unidos | 0 - 1 | Canadá | 2 de agosto de 2021, 17:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Kateryna Monzul |
COI Informe FIFA Informe |
Fleming 75' (pen.) | ||
Australia | 0 - 1 | Suecia | 2 de agosto de 2021, 20:00 – Estadio Internacional, Iocoama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Melissa Borjas |
COI Informe FIFA Informe |
Rolfö 46' | ||
Australia | 3 - 4 | Estados Unidos | 5 de agosto de 2021, 17:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Laura Fortunato |
Kerr 17' Foord 54' Gielnik 90' |
COI Informe FIFA Informe |
Rapinoe 8' 21' Lloyd 45+1' 51' | |
Suecia | 1 - 1 (Penaltis 2-3) |
Canadá | 6 de agosto de 2021, 21:00 – Estadio Internacional, Iocoama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Anastasia Pustovoitova |
Blackstenius 34' Asllani Björn Schough Anvegård Seger Andersson |
COI Informe FIFA Informe |
Fleming 68' (pen.) Fleming Lawrence Gilles Leon Rose Grosso | |
A final íase disputar inicialmente no Estadio Olímpico de Toquio ás 11:00. Con todo, ambas as dúas seleccións pediron postergar o inicio do encontro debido a certos problemas sobre a excesiva calor; como o Estadio Nacional xa estaba reservado para os eventos de atletismo da noite, finalmente o partido foi trasladado ao Estadio Internacional en Iocoama.[24][25] |
Campión |
1.ª medalla de ouro |
En total houbo 101 goles marcados en 26 partidos, cunha media de 3.88 goles por partido.
Listaxe completa | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Por convención estatística no fútbol, os partidos decididos en prórroga contabilízanse como vitorias ou derrotas, mentres que os partidos decididos por quenda de penaltis cóntanse como empates.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.