Un porteiro[1] ou gardameta[2] é un xogador que defende a portería para evitar que o equipo contrario marque un gol. Existen porteiros en varios deportes, como o fútbol, o fútbol gaélico, o balonmán, o hóckey, o wáter-polo, lacrosse ou floorball. A nivel profesional, é un posto altamente especializado, polo cal os porteiros adoitan cubrir soamente esta posición, mentres que os xogadores doutras posicións non adoitan cubrir o posto de gardameta. Un cadro de xogadores dun equipo profesional acostuma contar con dous ou tres porteiros, aínda que só pode haber un deles no campo durante o desenvolvemento do xogo.

Thumb
Un porteiro de fútbol salta para deter un balón e evitar que entre na portería.
Thumb
Porteiro de bandy.

Aplícanse regras especiais para estes xogadores que non se aplican ó resto. Estas regras a miúdo instáuranse para protexer ó porteiro, sendo este un obxectivo obvio para accións perigosas e violentas. Ademais, nalgúns deportes como o hóckey, deben levar un equipamento especial como luvas e unha máscara para evitar que os disparos do obxecto en xogo lles causen lesións. Esta disposición a recibir ataques, fai que os porteiros teñan unha preparación psicolóxica distinta á do resto dos seus compañeiros, e ademais adoitan ser os encargados de coordinar o equipo mentres cumpre funcións defensivas. Polo xeral, estes xogadores están identificados polo dorsal número 1.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.