Tool
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tool é unha banda de metal progresivo estadounidense formada en 1990 nos Ánxeles (California). A súa formación actual está composta por Maynard James Keenan (voz), Adam Jones (guitarra), Danny Carey (batería) e Justin Chancellor (baixo). Este último substituíu o baixista orixinal da banda, Paul D'Amour, en 1995. Tool gañou tres premios Grammy, realizou xiras por todo o mundo, e produciu álbums que chegaron ao número 1 das listas de varios países.
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Tool | |
---|---|
Tool no Roskilde Festival do 2006 | |
Orixe | Os Ánxeles (California), Estados Unidos |
Período | 1990 - presente |
Xénero(s) | metal progresivo, metal alternativo, rock alternativo, art rock |
Selo(s) discográfico(s) | Zoo Entertainment, Volcano II |
Membros | Danny Carey Justin Chancellor Maynard James Keenan Adam Jones |
Antigos membros | Paul D'Amour |
Na rede | |
http://www.toolband.com/ | |
Ata a data a banda publicou cinco álbums de estudio, un EP e un box set. Tool comezou facendo un son heavy metal no seu primeiro álbum de estudio, Undertow (1993), e posteriormente converteuse nunha importante banda da escena do metal alternativo coa edición do seu segundo traballo en 1996, Ænima. Os seus esforzos por unir a experimentación musical, as artes visuais e unha mensaxe de evolución persoal continuaron con Lateralus (2001), e 10,000 Days (2006), conseguindo un gran éxito de crítica e público en todo o mundo. O seu quinto álbum, Fear Inoculum, o primeiro en 13 anos, foi editado o 30 de agosto de 2019 con boas críticas. Antes do seu lanzamento a banda levaba vendidos máis de 13 millóns de álbums só nos Estados Unidos.[1]
Debido á incorporación de artes visuais por parte de Tool e ao lanzamento de traballos longos e complexos, a banda é normalmente descrita como un grupo que transcende estilos e é parte do rock progresivo, do rock psicodélico e do art rock. A relación entre a banda e a industria musical actual é ambivalente, ás veces marcada pola censura e a insistencia do grupo na súa privacidade.