Ænima
álbum de Tool / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ænima é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de metal progresivo Tool. Foi editado o 17 de setembro de 1996 en vinilo e o 1 de outubro en CD a través do selo Zoo Entertainment. O disco estreouse no número 2 da lista Billboard 200, e dende entón foi certificado triplo platino poa RIAA o 3 de marzo de 2003. En xullo do ano 2010 Ænima levaba vendidas 3.429.000 copias só nos Estados Unidos.
Datos rápidos Ænima, Álbum de Tool ...
Ænima | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Tool | ||||
Publicado | 17 de setembro de 1996 | |||
Gravación | setembro de 1995 – marzo de 1996 | |||
Estudio(s) | Ocean Way (Hollywood, California) e The Hook (North Hollywood, California) | |||
Duración | 77:23 | |||
Xénero(s) | metal progresivo, metal alternativo | |||
Selo(s) | Zoo Entertainment | |||
Producido por | David Bottrill | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Pechar
Ænima foi o primeiro disco de Tool para Justin Chancellor, que viña da banda Peach, despois da saída de Paul D'Amour debido a diferenzas artísticas.