Till Lindemann
cantante, compositor, músico, actor, poeta e pirotécnico alemán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Till Lindemann, nado o 4 de xaneiro de 1963 en Leipzig, antiga República Democrática Alemá, é un cantante, compositor, músico, actor, poeta e pirotécnico alemán. É moi coñecido por ser o vocalista principal e líder da banda alemá de Neue Deutsche Härte Rammstein. Destaca pola súa complexión física, actuacións escénicas únicas (incluíndo o uso da pirotecnia e un movemento específico coñecido como "The Till Hammer"), e a súa voz de baixo. Tamén é coñecido polas súas letras, algunhas das cales causaron polémica. En todo o mundo, Rammstein vendeu máis de 45 millóns de discos, con cinco dos seus álbums recibindo o disco de platino.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1963 (61 anos) Leipzig, Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña República Democrática Alemá |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Ocupación | cantante , compositor de cancións , músico , escritor , poeta , actor |
Período de actividade | 1981 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Neue Deutsche Härte e Metal industrial |
Lingua | Lingua alemá |
Tesitura | Baixo-barítono |
Instrumento | Voz e Batería |
Familia | |
Fillos | Nele Lindemann (pt) |
Pai | Werner Lindemann (en) |
|
Lindemann foi incluído entre os "50 mellores homes do metal de todos os tempos" por Roadrunner Records. As súas inquedanzas artísticas motiváronno a aparecer nalgunhas películas en papeis menores, e en escribir e publicar dous libros publicados de poesía, un titulado "Messer" (2002) e o outro "In stillen Nächten" (2013). Do mesmo xeito, ten presentados algúns dos seus poemas e guións orixinais en galerías.