![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/Thurston_Moore_at_the_Brooklyn_Book_Festival.jpg/640px-Thurston_Moore_at_the_Brooklyn_Book_Festival.jpg&w=640&q=50)
Thurston Moore
músico estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Thurston Joseph Moore, nado o 25 de xullo de 1958 en Coral Gables (Florida), é un músico estadounidense coñecido por ser o cantante e guitarrista da banda de rock alternativo Sonic Youth. Colaborou tamén cun feixe de artistas fóra de Sonic Youth, ten tres discos en solitario e en 1981 fundou o selo discográfico Ecstatic Peace!.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Thurston Joseph Moore ![]() 25 de xullo de 1958 ![]() Coral Gables, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Bethel High School (en) ![]() Western Connecticut State University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , cantautor , saxofonista , artista de instalacións , pianista , cantante , compositor , músico de jazz ![]() |
Período de actividade | 1980 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, rock alternativo, rock experimental, noise rock, No Wave, música noise, música de vanguarda (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Guitarra, voz e baixo ![]() |
Selo discográfico | Ecstatic Peace! Virgin Music (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Eva Prinz (2020–) Kim Gordon (1984–2013) |
Páxina web | thurstonmoore.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Moore naceu en Coral Gables, Florida e trasladouse a Bethel, Connecticut. A pesar de estar matriculado na Western Connecticut State University, optou por mudarse a Nova York. Alí aprendeu a tocar a guitarra para Glenn Branca e pouco despois co-fundou Sonic Youth, actuando como guitarrista e vocalista.
En 1985 casou coa baixista e vocalista de Sonic Youth Kim Gordon, coa cal ten unha filla, Coco Hayley Gordon Moore. O 14 de outubro de 2011 a parella anunciaría a súa separación. Thurston é coñecido por tocar guitarras Fender Jazzmaster á parte doutros modelos de Fender, como a Mustang e a Jaguar.
No ano 2004 a revista Rolling Stone elixiu a Moore e ao seu compañeiro en Sonic Youth Lee Ranaldo o 34 e 33 mellores guitarristas de todos os temas respectivamente[1].
No ano 2012, Moore creou unha nova banda chamada Chelsea Light Moving, que publicou o seu autotitulado álbum de estrea o día 5 de marzo do 2013 a través do selo Matador Records.