![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Fender_Jaguars.jpg/640px-Fender_Jaguars.jpg&w=640&q=50)
Fender Jaguar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Fender Jaguar é unha guitarra eléctrica de Fender aparecida no ano 1962. Se os deseñadores da Jaguar intentaron que o instrumento fose usado na música surf, ou se era un novo intento de irromper no mercado das guitarras de jazz (como a súa predecesora, a Jazzmaster) segue sendo un tema de controversia entre os afeccionados á Jaguar. Porén, a Jaguar entrou rapidamente na emerxente escena da música surf, uníndose á Jazzmaster, á Mosrite e á Stratocaster como as guitarras máis asociadas ao xénero. Tanto a Jaguar como a Jazzmaster volvéronse moi populares durante os anos 80 coa aparición do rock alternativo e novamente nos anos 90 cando foron usadas por gran cantidade de bandas de grunge.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2014.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Fender_Jaguars.jpg/640px-Fender_Jaguars.jpg)