From Wikipedia, the free encyclopedia
The Tales of Beedle the Bard (en galego, Os contos de Beedle o bardo) é un libro de relatos para nenos escrito pola autora británica J. K. Rowling. Foi mencionado por primeira vez no sétimo libro do ciclo novelístico Harry Potter e, mediante o recurso da metaficción,[1] a autora fíxoo pasar por un libro real que sería escrito no século XV por Beedle, recoñecido autor na literatura máxica do universo "Harry Potter".[2][3]
The Tales of Beedle the Bard | |
---|---|
Símbolo das reliquias da morte | |
Título orixinal | The Tales of Beedle the Bard |
Autor/a | J. K. Rowling |
Ilustrador/a | J. K. Rowling |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Fantasía |
Editorial | Bloomsbury |
Data de pub. | 4 de decembro de 2008 |
Páxinas | 157 |
ISBN | ISBN 978-84-9838-195-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rowling escribiu o libro trala publicación de Harry Potter e as reliquias da morte. A autora non o ideou co obxectivo de publicalo, senón que produciu unha edición limitada de só sete copias feitas a man[4] e ilustradas por ela mesma. Un deles foi adquirido polo sitio web Amazon.com nunha poxa en 2007.[5][6] O portal de vendas online pagou 1,95 millóns de libras esterlinas (arredor de 2,29 millóns de euros) polo exemplar, co que se converteu no manuscrito literario moderno que maior cotización conseguiu nunha poxa. Os cartos recadados destináronse á campaña de caridade The Children's Voice, que preside Rowling xunto con Emma Nicholson, baronesa de Winterbourne.[7]
Dada a crecente demanda do público lector afeccionado á saga Harry Potter por coñecer o texto, a autora aceptou publicar a colección de contos o 4 de decembro de 2008 a nivel mundial. O recadado destinouse á organización Children's High Level Group.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.