The Lord of the Rings: The Return of the King
Filme de 2003 dirixido por Peter Jackson / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Lord of the Rings: The Return of the King é un filme épico e de fantasía de 2003 dirixido por Peter Jackson que está baseado na segunda e terceira parte da triloxía d'O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien. É o terceiro e derradeiro filme da triloxía cinematográfica, precedido por The Fellowship of the Ring (2001) e The Two Towers (2002).
The Lord of the Rings: The Return of the King | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Lord of the Rings: The Return of the King |
Director | Peter Jackson |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | O Regreso do Rei de J. R. R. Tolkien |
Intérpretes | |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Andrew Lesnie |
Montaxe | Jamie Selkirk Annie Collins |
Estudio |
|
Distribuidora | New Line Cinema[1] |
Estrea | Embassy Theatre: 1 de decembro de 2003 17 de decembro de 2003 Nova Zelandia 18 de decembro de 2003 |
Duración | 201 minutos[2] |
Orixe | Nova Zelandia[1] Estados Unidos[1] Reino Unido |
Xénero | Acción, Aventura, Fantasía |
Orzamento | $94 000 000[3] |
Recadación | $1 119 929 521 |
Filme anterior | The Lord of the Rings: The Two Towers |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/lord-rings-return-king/ | |
Cando Sauron lanza as derradeiras ofensivas para a conquista da Terra Media, Gandalf e o rei Théoden de Rohan unen forzas para axudar a defender a capital de Gondor, Minas Tirith, da ameaza inminente. Aragorn finalmente reclama o trono de Gondor, e coa axuda de Legolas o elfo, Gimli o anano e o Exército dos Mortos, loita para derrotar a Sauron. Malia todo, todo depende dos hobbits Frodo e Sam e a súa misión de destruír o Anel Único mentres lidian coa traizón de Gollum. Despois dunha longa viaxe, chegan ás perigosas terras de Mordor, onde deberán quindar o anel ó lugar onde foi creado, os lumes volcánicos de Orodruin.
Estreado o 17 de decembro de 2003, The Lord of the Rings: The Return of the King recibiu aclamacións por parte da crítica e do público[4] converténdose nun dos meirandes éxitos en crítica e recadación de tódolos tempos, con máis $1.000 millóns en todo o mundo. Foi o maior éxito de New Line Cinema,[5] e tamén de Time Warner ata que foi superado por Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) no 2011.
Por outra banda, gañou os 11 Premios Oscar ós que estaba nomeado, polo tanto conseguindo a marca de maior gañador de Oscars. Entre os premios inclúense o de mellor filme, a primeira e única vez que un filme de fantasía o conseguiu; e o de mellor director. Está empatada con Ben-Hur (1959) e Titanic (1997) como filme con maior número de Oscars.