filme de 1959 dirixido por William Wyler From Wikipedia, the free encyclopedia
Ben-Hur é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que se estreou en 1959. Baséase na obra de Lew Wallace Ben-Hur: A Tale of the Christ. Filme gañador de 11 Premios Oscar, entre eles os de mellor filme, director e actor.
Ben-Hur | |
---|---|
Póster do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ben-Hur |
Director | William Wyler |
Produtor | Sam Zimbalist |
Guión | Karl Tunberg Sen creditar: Gore Vidal Christopher Fry Maxwell Anderson S. N. Behrman |
Baseado en | Ben-Hur: A Tale of the Christ de Lew Wallace |
Intérpretes | Charlton Heston Jack Hawkins Haya Harareet Stephen Boyd Hugh Griffith |
Música | Miklós Rózsa |
Fotografía | Robert L. Surtees |
Montaxe | John Dunning Ralph E. Winters |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 18 de novembro de 1959 24 de decembro de 1988 (TVG) |
Duración | 212 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $15 000 000 |
Recadación | $146 900 000 |
Na rede | |
http://benhurmovie.com/ | |
Estreouse en galego na TVG o 24 de decembro de 1988.[1]
Judá Ben-Hur (Charlton Heston), fillo dunha familia nobre de Xerusalén, e Mesala (Stephen Boyd), tribuno romano que dirixe os exércitos de ocupación, son dous vellos amigos, pero un accidente involuntario convérteos en inimigos irreconciliables: Ben-Hur é acusado de atentar contra a vida do novo gobernador romano, e Mesala encarcérao a el e á súa familia. Cando Ben-Hur é trasladado a galeras para cumprir a súa condena, Xesús de Nazaret apiádase del e dálle de beber. Unha vez a bordo, grazas á súa amigable relación co comandante da nave (Jack Hawkins) recupera a liberdade. Máis tarde, entrará en contacto cun xeque árabe (Hugh Griffith) que participa cos seus magníficos cabalos nas carreiras de carros do circo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.