From Wikipedia, the free encyclopedia
Staphyliniformia é unha grande infraorde de escaravellos polífagos. Contén unhas 70 000 especies descritas de todas as rexións do mundo. A maioría das especies viven en hábitats húmidos, como diversos tipos de restos de plantas en descomposición, fungos, excrementos, prea, e moitos viven en augas doces.
Staphyliniformia Rango fósil: Rhaetiano-Recente | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ocypus olens | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||
Ver texto. |
A maioría dos Staphyliniformia son escaravellos de tamaño pequeno ou medio. Este grupo tan diverso ten poucas apomorfías claras. Teñen primitivamente antenas de 11 segmentos e un pescozo constrinxido bastate detrás dos ollos. O pronoto ten un bordo lateral ben definido. As patas das larvas son de 5 segmentos, o 10º segmento abodminal ten a miúdo espiñas finas ou fortes ou ganchos. Son urogonfos (con "cornos" pares no extremo posterior do abdome das larvas e pupas) con articulación basal.[1]
Os Staphyliniformia pertencen á suborde Polyphaga e dáselles normalmente a categoría de infraorde ou de serie. Contén tres superfamilias:
Algúns estudos recentes tamén inclúen a superfamilia Scarabaeoidea (infraorde Scarabaeiformia), formando xuntas a chamada liñaxe hidrofiloide.[2][3] Hai fortes probas da existencia dunha relación de grupo irmán entre os Hydrophiloidea e os Histeroidea.[4]
O rexistro fósil non ambiguo deste grupo data do Triásico, e é probable que a orixe do grupo acontecese no Mesozoico temperán.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.