Sputnik V
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Gam-COVID-Vac (en ruso: Гам-КОВИД-Вак) é unha vacina contra a COVID-19 desenvolvida polo Centro Nacional de Investigación de Epidemioloxía e Microbioloxía Gamaleya, laboratorio que se atopa en Moscova. É chamada popularmente e comercialmente "Sputnik V" (en ruso: Спутник V), sendo a V de vacina, e por analoxía ao primeiro satélite artificial que colocou animais en órbita e os devolveu vivos á Terra, o Sputnik 5.[1][2] Esta vacina permite o uso de neveiras comúns, debendo ficar almacenada na temperatura de 2 a 8 graos Celsius.[3]
Sputnik V | |
---|---|
e | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O 8 de agosto de 2020, o relatorio científico sobre os ensaios clínicos da Gam-COVID-Vac aínda non fora publicado, mais ela foi aprobada polo Ministerio da Saúde de Rusia co obxectivo de tornala coñecida como "a primeira vacina de covid-19 rexistrada".[4][5][3][6]