![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/95/Smallpox_vaccine.jpg/640px-Smallpox_vaccine.jpg&w=640&q=50)
Vacina
medicamento que mellora a inmunidade a unha enfermidade determinada / From Wikipedia, the free encyclopedia
A vacina (do latín vaccinus, 'vacún'; de vacca, 'vaca') é un preparado de antíxenos que unha vez dentro do organismo provoca unha resposta de ataque, denominada anticorpo. Esta resposta xera memoria inmunolóxica producindo, na maioría dos casos, inmunidade permanente fronte á enfermidade. A primeira vacina descuberta foi a usada para combater as vexigas por Edward Jenner en 1796.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/95/Smallpox_vaccine.jpg/640px-Smallpox_vaccine.jpg)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
As vacinas clasifícanse en dous grandes grupos
- Vacinas vivas ou atenuadas
- Vacinas mortas ou inactivadas
Existen varios métodos de obtención:
- Vacinas avirulentas preparadas a partir de formas non perigosas do microorganismo patóxeno.
- Vacinas a partir de organismos mortos ou inactivos.
- Antíxenos purificados.
- Vacinas xenéticas.
As vacinas adminístranse por medio dunha inxección, ou por vía oral (tanto con líquidos como con pastillas).