Souto da Retorta
souto declarado árbore senlleira e monumento natural que se atopa na parroquia luguesa de Chavín From Wikipedia, the free encyclopedia
souto declarado árbore senlleira e monumento natural que se atopa na parroquia luguesa de Chavín From Wikipedia, the free encyclopedia
O Souto da Retorta é un souto declarado árbore senlleira e monumento natural que se atopa na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín.[1][2]
Tipo | bosque Monumento natural Árbores senlleiras de Galicia | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Chavín, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 3,19 ha | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2000 | |||
A súa declaración de árbore senlleira foi grazas ás árbores que destacan nel polo seu porte e idade. O eucalipto azul coñecido como O Avó, inda que non é o exemplar máis alto do conxunto arbóreo da Retorta, é o máis sobresaínte polo seu grosor e por ser o máis ancián desta paraxe xa que ten entre 120 e 130 anos.[1] Ademais o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros.
Este souto atópase en parte dentro do ZEC Río Landro.[1] O espazo ten unha superficie de 3,19 ha. e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.
Os eucaliptos do Souto da Retorta plantáronse a partir de 1860 para a drenaxe das terras baixas que se anegaban con frecuencia a consecuencia das arroiadas dos regatos tributarios do río Landro. Destacan por alcanzar unha altura considerable, as maiores da península e das maiores de Europa, e entre eles cómpre salientar o Avó de Chavín, de 126 anos, unha altura de 71,4 metros e un perímetro de 7,6 metros. Non é o exemplar máis alto do eucaliptal pero si o de maior porte.[3]
En 2010 foi nomeado Árbore do ano nos premios Árbol y Bosque del Año organizados pola organización Bosques sin Fronteras e a Fundación Biodiversidade[4][5].
Aparece no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
En 2018 Correos editou un selo con el e a Xunta de Galicia anunciou que perfila un plan de conservación.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.