Soong Mei-ling
From Wikipedia, the free encyclopedia
Soong Mei-ling ou Soong May-ling (en chinés: 宋美齡, en pinyin Sòng Měilíng), nada en Shangai contra 1897[1] e finada en Nova York o 23 de outubro de 2003, tamén coñecida como Madame Chiang Kai-shek ou Madame Chiang, foi unha figura política chinesa que serviu como primeira dama da República da China, esposa do Xeneralísimo e presidente Chiang Kai-shek. Soong tivo un papel prominente na política da República da China e foi cuñada de Sun Yat-sen, fundadora e líder da República. Estivo activa na vida civil do seu país e tivo moitos postos honorarios e activos, incluíndo a dirección da Universidade Católica Fu Jen. Durante a segunda guerra sino-xaponesa congregou o seu pobo contra a invasión xaponesa e en 1943 dirixiu unha xira de conferencias de oito meses nos Estados Unidos de América para obter apoios. Foi a máis nova e última supervivente das tres irmás Soong e a súa vida estendeuse por tres séculos.[2]
Nome orixinal | (zh) 宋美齡 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de marzo de 1897 Shanghai (Concessão Internacional de Xangai) |
Morte | 23 de outubro de 2003 (106 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Ferncliff Cemetery (pt) |
Member of the Constituent National Assembly (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Nova York |
País de nacionalidade | Dinastía Qing República da China Estados Unidos de América |
Relixión | Metodismo |
Educación | Wellesley College (pt) (–1917) Wesleyan College (1912–1913) Piedmont University (en) |
Actividade | |
Ocupación | política , figura pública |
Partido político | Kuomintang |
Lingua | Lingua chinesa e lingua inglesa |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Chiang Kai Chek (1927–1975), morte do cónxuxe |
Pais | Charlie Soong (pt) e Ni Kwei-tseng (en) |
Irmáns | Soong Ai-ling (pt) , Soong Ching-ling, T. L. Soong (en) , Soong Tse-an (en) e T. V. Soong (pt) |
Parentes | Chiang Ching-kuo (fillastro) |
Premios | |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |